ABERTO O PRAZO DE TRAMITACIÓN DE LICENZAS 2021

Infórmase de que xa está aberto o prazo de tramitación das licenzas deportivas de atletas SUB16 a Máster para a TEMPADA 2021, que abarcará do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2021.

 

O procedemento para realizar a ALTA ou RENOVACIÓN de atletas será o seguinte:

  • Cubrir a ficha de inscrición do Club e declaración responsable COVID-19 (➤ aquí).
  • Adxuntar o xustificante do pago da cota anual (100€).
  • Tarxeta de residente e certificado de empadroamento (SÓ ATLETAS DO ESTRANXEIRO).

 

Podedes achegar a documentación correspondente a través do enderezo electrónico do Club (atletismolucus@yahoo.es) ou de xeito presencial na oficina, en horario de atención ao público (xoves e venres de 18:30 a 20:30 horas). O prazo para facelo será do 9 ao 29 de novembro de 2020, fóra dese prazo, será responsabilidade de cada atleta os posibles recargos que se apliquen para a tramitación.

Non esquezades revisar se tedes autorizado o CONSENTIMENTO LEGAL para o tratamento dos datos persoais por parte da Federación (podedes facelo desde ➤ aquí). Lembrade que, sen ter autorizado o consentimento legal, a Federación non tramitará a licenza deportiva.

 
Grazas a todas e todos por confiar en nós, este ano con máis #RESPONSABILIDADE  e ilusión que nunca!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *