GRAZAS, MARIANO.

Mariano Castiñeira Vilaseca.

Non é fácil. Asimilar a perda de determinadas persoas, non é fácil. Os recordos e a pena van xuntos dunha maneira tan intensa, como só nos ocorre en contadas ocasións. E, con Mariano, iso é exactamente o que nos sucede. El foi para nós adestrador, doutor, educador, conselleiro, alguén único. Pero a marcha de alguén tan cheo de vida e tan alegre como el, non pode deixarnos unha sensación de abatemento. Iso el non o permitiría. Alguén así non pode deixar tras de si máis que gratitude e boas lembranzas, que seguro superarán co paso dos días a nosa sensación de tristeza profunda.

Temos que dar grazas pola inmensa sorte de que Mariano se cruzase nas nosas vidas. Foi un auténtico luxo coincidir con el. E para unha cidade pequena coma Lugo, contar cun dos mellores adestradores de atletismo de fondo de España foi unha bendición. Só con el se entende que tiveramos tantos atletas de renome na nosa cidade. Non só axudou a facer do LUCUS un Club máis grande, senón, o máis importante, axudou a facer de Lugo un lugar máis amable.

Fixo o que lle gustou ata prácticamente o último minuto da súa vida e iso é motivo de alegría. Unha persoa así non podería ter un final lento e doloroso, sería tremendamente inxusto. É certo que podería ter sido algo máis tarde, pero o importante é que se foi como tiña que irse: adestrando e desfrutando rodeado da súa familia e os seus atletas ata o final.

De verdade, unha auténtica honra terte ao noso lado. 

Descansa en paz, amigo Mariano. O ceo é un pouco mellor desde hoxe.

Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *