HUGO MARTÍNEZ CONVOCADO COA SELECCIÓN GALEGA DE MARCHA

Aínda que a situación en Galicia atópase nun parón temporal, coa suspensión de todas as competicións a nivel autonómico logo das últimas restriccións sanitarias, no ámbito nacional seguen en pé os Campionatos de España para as distintas categorías e sectores do atletismo, como é CAMPIONATO DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS SUB20 E SUB16 DE MARCHA EN RUTA, nunha tempada sen dúbida condicionada polo contexto sanitario.

Esta semana dábanse a coñecer os nomes dos/as atletas que se trasladarán ata Sevilla coa Selección Galega para tomar parte na competición, un total de catro equipos entre os que estará Hugo Martínez Casanova, atleta do Lucus Caixa Rural Galega que loitará na categoría SUB20 masculina. Será o próximo 14 de febreiro cando defenda as cores de Galicia nos 10km marcha, nunha carreira que terá lugar ás 10:40 horas e da que parte cunha mellor marca persoal de 47:44 minutos, facendo o ano pasado por estas datas un rexistro de 50:32. Deixámosvos o regulamento e o plan de viaxe por se fora de interese, así como as ligazóns para seguir os resultados en directo en canto estean dispoñibles.

 

Desde o Club agardamos os mellores éxitos nesta experiencia na que repite participación, 

GRANDE NORABOA, HUGO!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *