SANTI ROZAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB23 PC (14 febreiro, Valencia)

Coas competicións autonómicas aínda en suspensión temporal, continúan as competicións de ámbito nacional relativas á pista cuberta para as distintas categorías, como é o caso do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB23 EN PISTA CUBERTA que se disputa esta fin de semana no Palau Velòdrom Lluís Puig de Valencia.

Dará comezo o sábado pola mañá e durará ata o domingo 14 de febreiro, día no que tomará parte o noso atleta Santiago Rozas. Será na proba dos 60 metros valos, cuxa rolda semifinal está prevista para as 13:10 horas e da que parte cunha MMT de 8.58 segundos, rexistro que intentará superar para acceder á final, que terá lugar ás 15:40 horas.

Nos enlaces inferiores tedes máis información sobre a competición, que poderedes seguir en directo o día da celebración.

AGARDAMOS TEÑAS MOITO ÉXITO!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *