CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE CLUBS (sábado 17 abril, O Barco de Valdeorras)

Este sábado 17 de abril terá lugar unha das datas máis esperadas da tempada ao aire libre, onde se citarán os mellores equipos do panorama galego para disputar o CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE CLUBS, este ano acollido no Estadio de Calabagueiros (O Barco de Valdeorras).

 

Ata alí se desprazarán os nosos equipos feminino e masculino que, un ano máis, conseguiron manterse entre os oito mellores clubs de Galicia e acudir á gran cita autonómica, nunha xornada que dará comezo ás 11:00 horas e durará ata as 19:30h, cando se celebre a última das probas. No enlace posterior podedes consultar os e as atletas que representarán ao Club e o horario definitivo das distintas probas, onde sen dúbida a ausencia de relevos marcará esta competición de equipos nunha tempada diferente.

 

 

Para a xornada da tarde, sairá un autobús ás 13:00 horas desde as pistas de atletismo de Lugo (Estadio Gregorio Pérez Rivera) para desprazar aos equipos feminino e masculino ás instalacións deportivas. Os/as atletas que non se despracen en bus, deberán avisar canto antes da súa baixa. Lembrade levar con vós a licenza deportiva ou documento de identidade e a declaración responsable cuberta e impresa para poder acceder á instalación. Podedes descargala desde aquí.

 

 
MOITO ÁNIMO EQUIPOS, A DAR O MELLOR!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *