DOBRE OURO NO CAMPIONATO DE GALICIA DE 10.000 METROS (24 abril 2021, Noia)

O pasado 24 de abril tiña lugar na localidade de Noia o CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E SUB23 DE 10.000 METROS, unha competición destacada que desde este mesmo ano engadirá ao seu nome «MEMORIAL ALEJANDRO GÓMEZ», en homenaxe ao atleta olímpico falecido recentemente.

 

Esteban Iglesia. ©Youtube da FGA.

 

Nunha xornada única de mañá, na que a meteoroloxía facía perigar os resultados, o noso fondista Esteban Iglesia lograba converterse no campión galego absoluto dos 10.000 metros, unha carreira que se disputaba en tres series por mor das medidas sanitarias e da que resultaba vencedor autonómico cun mellor rexistro de 31:39.55 minutos, levando consigo a merecida medalla de ouro.

Podio absoluto da proba. ©Youtube da FGA.

 

Pero non ía ser o único, pois na terceira das series o compañeiro Kevin Darriba conseguía cruzar a liña de meta en 37:27.61 minutos, un rexistro que o convertía no campión galego SUB23 no seu primeiro ano nesta categoría; logo de proclamarse subcampión dos 5.000 metros a anterior edición do Campionato, na que tomaba parte como atleta SUB20. 

Kevin Darriba. ©Youtube da FGA.

Podio SUB23 da proba. ©Youtube da FGA.

 

Podedes consultar os resultados completos e volver a ver a competición en directo nos seguintes enlaces.

Non podemos estar máis contentos, GRANDE NORABOA RAPACES!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *