CATRO EQUIPOS E MOITA ILUSIÓN NO CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBS SUB16-SUB20

Pontevedra foi a sede escollida este ano para disputar os CAMPIONATOS DE GALICIA DE CLUBS SUB16-SUB20, que tiveron lugar o sábado 22 de maio nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Un ano máis, o Lucus Caixa Rural Galega conseguiu completar os equipos feminino e masculino en ambas categorías e participar cun total de catro equipos, onde a ilusión por volver competir e o encontro cos compañeiros e compañeiras foi a principal recompensa da canteira do Club.

Na xornada de mañá o protagonismo estivo na categoría SUB20, onde os xovencísimos equipos feminino e masculino lograron a sétima posición a nivel autonómico, cun total de 54 e 63 puntos, respectivamente.

Parte dos equipos SUB18-20 desprazados a Pontevedra.

 

Nos homes, o velocista Víctor Francos remataba os 100 metros lisos en 11.99 segundos, mentres que nos 200 ml detía o cronómetro nos 25.38. Nos 400 ml, Miguel Varela (filial do Coruña Comarca) remataba no 4º posto rexistrando 53.22 segundos. Tamén filial, pero de Lourenzá, Marcos Rivas corría os 800 metros en 2:13.07 minutos e Iago Jopia (Coruña Comarca) conseguía o 2º posto galego nos 1.500 metros cunha marca de 4:04.34. Nos 3.000 metros, Vitalii Yusov estreábase na competición cun rexistro de 12:45.74, cos que sumaría 2 puntos ao equipo masculino, xunto cos 3 puntos de Rubén Darriba nos 2.000 metros obstáculos, que cruzou a liña de meta en 7:32.64 minutos. O 1º posto dos 5.000 marcha foi para Hugo Martínez, nos que rexistrou 23:07.24 minutos e liderou a carreira. Nas probas de valados, Miguel López remataba os 110 mv cun rexistro de 20.89 segundos e Adrián Javier Pardo conseguía deter o reloxo en 1:12.27 nos 400 mv. Xa nos concursos, Adrián Javier repetía participación na altura, superando o listón en 1.38 metros e Nicolás García tomaba parte nos saltos de lonxitude e triplo, onde rexistrou 5.00 e 10.07 metros, respectivamente, aportando 4 puntos ao total masculino. Nos lanzamentos, Fernando Vallines (filial de Lourenzá) conseguía o 4º posto no peso, enviando a bola ata os 10.27 metros e o filial de Coruña Comarca, Nicolás Ortega, lograba o 2º posto no disco cun rexistro de 42.57 m. Martín Rouco remataba 3º na clasificación de martelo, lanzando o artefacto ata os 29.11 metros e Samuel Gandoy conseguía enviar a xavelina ata os 27.11 metros, aportando 2 puntos máis á clasificación total.

No equipo feminino, a velocista Brenda Lence remataba os 100 metros lisos en 13.95 segundos, Iria Brea rexistraba 29.78 segundos na proba de 200 ml e Sofía Martínez conseguía rematar os 400 ml cunha marca de 1:08.49. Nos 1.500 metros, a filial de Lourenzá, Ana Vallines, remataba no 5º posto con 5:27.81 minutos e nos 3.000 metros, a nosa Lucía Varela lograba a 1ª posición detendo o crono nos 10:50.99. Carla Díaz faría os 2.000 metros obstáculos nun tempo de 8:16.91, sumando 4 puntos á clasificación feminina co seu 5º posto. Nas probas de valados, Sofía Martínez repetía nos 100mv logrando o 4º posto cun rexistro de 17.84 segundos e a compañeira Eva Díaz acababa na 5ª posición dos 400 mv cunha marca de 1:14.22. Xa nos saltos, Carla Mourelle conseguía o 3º posto na altura, superando o listón nos 1.51 metros e o 4º posto na lonxitude, chegando ata os 4.87 metros e aportando un total de 11 puntos ao equipo feminino. No triplo salto, Eva Díaz volvía competir e conseguía a 4ª posición cun mellor salto de 10.45 metros, sumando 5 puntos máis. Nos lanzamentos, Alicia García enviaba o peso ata os 6.17 metros e a xavelina ata os 18.89 metros, mentres que Candela Fernández repetiría tamén no disco, cun lanzamento de 20.25 metros e no martelo, rexistrando 16.60 metros no seu mellor intento.

 

Na xornada de tarde, os equipos da categoría SUB16 conseguían ascender nos postos de clasificación, logrando a sexta posición o equipo feminino cun total de 73 puntos e o terceiro posto o equipo masculino, que sumou 85 puntos.

Parte dos equipos SUB16 desprazados a Pontevedra.

Nas probas de velocidade feminina, Antía Pernas remataba primeira nos 100 metros lisos cun tempo de 12.48 segundos e Laura Raposo conseguía a 5ª posición cos seus 48.22 segundos nos 300 ml. A filial Iria Rodríguez (Lourenzá) facíase co 2º posto nos 600 ml e un rexistro de 1:44.20 minutos, posición que repetía Estela Díaz nos 1.000 metros, detendo o crono nos 3:10.22 minutos. Nos 3.000 metros, Lourdes García (filial de Lourenzá) aportaba 3 puntos ao total coa súa marca de 13:17.50 e a compañeira de Club, Carmen García, aportaba 4 puntos máis nos 1.500 metros obstáculos, cruzando a liña de meta en 6:43.54 minutos. Noa Abelleira, nos 3.000 metros marcha, conseguía a 2ª posición co seu rexistro de 16:18.84 minutos. Nos valados, Carla Montes remataba os 100 mv en 19.45 e Xiana Ulloa rexistraba 57.68 nos 300 mv. Xa nos concursos, Carmen García conseguía o 3º posto no salto de altura, superando os 1.42 metros, mesma posición que obtiña Clara González na pértega, superando o 2.10 metros. Na lonxitude, Antía Pernas repetía 1º posto saltando ata os 5.11 metros mentres que Alicia Rodríguez, no triplo, non conseguía validar ningún dos seus intentos. Os lanzamentos aportarían un total de 11 puntos ao equipo feminino. Alba Anllo conseguía enviar a bola de peso ata os 5.76 metros e Silvia Besteiro facía o mesmo no disco, rexistrando 14.24 metros no mellor intento. Laura Raposo lanzaba o martelo ata os 13.93 metros e Xiana Ulloa repetía participación na xavelina, conseguindo o 2º posto cunha mellor marca de 23.03 metros.

 

No equipo masculino, pola súa parte, Hugo Sánchez disputaba os 100 metros lisos nun tempo de 12.43 segundos e os 300 ml en 40.33, conseguindo a 4ª e 5ª posición das carreiras, respectivamente. Daniel Salgueiro (filial do Coruña Comarca) gañaba os 600 ml cun rexistro de 1:27.31, mesmo posto de vitoria que repetiría Teo de Frutos nos 1.000 metros, detendo o crono en 2:44.98 minutos. Nos 3.000 metros, Javier Blanco sumaba 4 puntos á clasificación co seu tempo de 11:08.88. O compañeiro Ángel Herrero conseguía a 2ª posición nos 1.500 obstáculos, logo de cruzar a meta en 4:48.72 minutos e Leo Kasbo, que se estreaba nos 5.000 marcha, non conseguía rematar a proba cunha marca válida pese ao gran esforzo. Nas probas de valados, Martín Vázquez facíase co 1º posto dos 100 mv rexistrando 15.00, mentres que Alejandro Álvarez sumaba 4 puntos cos seus 49.80 segundos nos 300 mv. Xa nos concursos, Nicolás Núñez remataba 3º no salto de altura, superando os 1.53 metros e Martín Vázquez repetía posto de podio co 2º lugar na pértega, logo de saltar sobre os 3.20 metros. Andrés López protagonizaba os saltos horizontais, co 3º posto na lonxitude e un rexistro de 5.63 metros e a vitoria no triplo, alcanzando os 12.14 m no mellor dos intentos. Nicolás Núñez repetía participación nos lanzamentos, onde conseguía 4 puntos máis para o equipo no peso, chegando aos 8.55 m; mesma puntuación que engadía César Fouce cos seus 23.45 metros no disco, que tamén repetía na xavelina, enviando o artefacto ata os 13.19 metros e sumando 2 puntos máis á clasificación masculina. Con estes resultados, os atletas SUB16 conseguían facerse coa terceira posición autonómica do Campionato, nunha competición chea de experiencias e primeiras tomas de contacto coa pista deportiva.

 

Agradecemento especial merecen os nosos equipos filiais Coruña Comarca e Escolas Deportivas Lourenzá, sen os cales a nosa participación nos campionatos tería sido moi diferente. O esforzo e a ilusión dos atletas que tomaron parte co noso Club fixeron posible que puideramos estar presentes nesta competición tan especial, na que a motivación e o traballo en equipo superan a competitividade e a rivalidade entre iguais, sumando esforzos por unha recompensa común.

GRANDE NORABOA Á CANTEIRA DO CLUB, SEGUIDE ASÍ!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *