ABERTO O PRAZO PARA TRAMITAR AS LICENZAS – TEMPADA 2022

Xa está aberto o prazo para tramitar as licenzas deportivas da TEMPADA 2022 para as categorías do Club (atletas de 2008 e anteriores, de SUB16 a Máster), que abarcará do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2022.

 

O procedemento para realizar a ALTA ou RENOVACIÓN no Club será o seguinte:

1.- Cubrir a ficha de inscrición do Club e declaración responsable COVID-19 (dispoñible ➤aquí).

2.- Realizar o pago da cota anual do Club (100€) por transferencia bancaria ou de xeito presencial na oficina, en efectivo ou con tarxeta.

3.- Enviar a documentación (ficha de inscrición e xustificante do pago) por e-mail a atletismolucus@yahoo.es ou entregalo de xeito presencial na oficina, en horario de atención ao público (podes consultalo aquí).

! En caso de atletas procedentes do estranxeiro, deben enviar a tarxeta de residente e o certificado de empadroamento.

 

O prazo ordinario para tramitar as licenzas será do 15 de novembro ao 5 de decembro de 2021; fóra dese período, será responsabilidade de cada atleta os recargos que aplique a Federación. 

 

Lembrade que debedes autorizar o CONSENTIMENTO LEGAL para o tratamento dos datos persoais por parte da Federación, podedes facelo desde aquí. Sen ter enviado o consentimento legal, a Federación non tramitará a licenza deportiva.

 

Moitas grazas a todos/as por seguir confiando en nós e formar parte da familia LUCUS!
Non esquezas compartir en...
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
Whatsapp
Share on email
Email
Share on google
Google

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *