INSCRICIÓNS ABERTAS PARA A ESCOLA DE ATLETISMO – TEMPADA 2022/23

Comeza o mes de setembro e, con el, xa está ABERTA A INSCRICIÓN para anotarse á Escola de Atletismo unha nova tempada. Estamos traballando para ultimar todos os detalles da Tempada 2022/23 e poder comezar os adestramentos a mediados de setembro nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera.

Esta nova tempada trae algunhas novidades respecto á xestión deportiva do Club, que se realizará principalmente a través da plataforma CLUBER, unha aplicación que podedes utilizar desde a web ou desde a app descargable en calquera dispositivo móbil e que ten como finalidade facilitar a relación entre o Club, atletas e familias dun xeito moi intuitivo. Entre elas destacan:

  • Novo formulario de inscrición online para a Escola de Atletismo.
  • Novo método de pago das cotas da Escola, que este ano modifícanse cunha matrícula inicial e pagos mensuais dos adestramentos.
  • Novo formulario de reserva e compra online da equipación obrigatoria da Escola.

Os grupos provisionais de adestramento serán os seguintes, en función da categoría dos/as atletas:

  • Categorías SUB8 (2017-2016) e SUB10 (2015-2014): a escoller 2 días/semana.
    • Martes, mércores e venres de 17:00 a 18:00 horas.
  • Categoría SUB12 (2013-2012): a escoller 2 días/semana.
    • Martes, mércores e venres de 18:00 a 19:30 horas.
  • Categoría SUB14 (2011-2010): 3 días/semana.
    • Martes, mércores e venres de 18:00 a 19:30 horas.
 
Podedes realizar xa a vosa inscrición na Escola de Atletismo ou vir probar sen compromiso a presente tempada 2022/23 se aínda non nos coñecedes. Só tedes que cubrir o formulario correspondente con carácter previo á asistencia e asegurar a vosa praza. No caso de proba gratuíta (pre-inscrición), deberá entregarse ben por correo electrónico a escolalucus@gmail.com ou de xeito presencial o primeiro día que acuda ás pistas. Non se poderá participar nos adestramentos sen ter presentado calquera dos dous impresos previamente. Deixámosvos o acceso directo aos formularios nos seguintes enlaces.
 
Por se tedes dúbidas para realizar a inscrición desde a nova plataforma Cluber, elaboramos un titorial paso a paso para que non teñades ningún problema. É moi sinxelo! Podedes botarlle un ollo desde aquíINSCRICIÓN DESDE CLUBER.

 

Se tedes máis dúbidas, podedes consultar toda a información actualizada no apartado «Escola de Atletismo» da nosa web, facendo clic no botón de abaixo. Calquera outra dúbida ou pregunta que teñades, quedamos á vosa disposición no correo electrónico ou o teléfono de contacto do Club, onde vos responderemos o antes posible.

ESTAMOS DESEXANDO COMEZAR, AGARDÁMOSVOS!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *