[⚠ CAMBIO DE DÍA ⚠] CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL (venres 28 outubro 2022)

De acordo cos artigos 16 e 17 dos Estatutos do Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, o Presidente convoca a ASEMBLEA XERAL no lugar e datas que seguen:

DATA: Venres, 28 de outubro de 2022

HORA: ás 18:30 horas en primeira convocatoria e ás 19:00 horas en segunda e última convocatoria.

LUGAR: Salón de Actos da Oficina Caixa Rural Galega, en Rúa Curros Enríquez 38, entreplanta.

ORDE DO DÍA:

  • Memoria e liquidación do presuposto, balance económico do exercicio 2021/2022, votación e aprobación das contas.
  • Orzamentos exercicio 2022/2023.
  • Proposta do Presidente ou da Xunta Directiva.
  • Propostas dos socios e socias. Segundo os Estatutos, deberán vir asinadas, polo menos, polo 5% dos mesmos.

 

Recórdase que a Asemblea Xeral é o organo supremo do goberno do Club e está integrada por todos os seus socios de número, é dicir, todas as persoas maiores de idade que abonan a cota anual do Club. Recomendámosvos a todas e todos os atletas acudir á Asemblea Xeral polo propio interese, así como aos socios menores de idade, que poden asistir e/ou estar representados polas súas nais, pais ou titores legais.

Podedes consultar os Estatutos do Club ➤ aquí .


VÉMONOS!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *