VOLVE A EXHIBICIÓN «SALTAR NA RÚA» A LUGO – 8 OUTUBRO 2022

Logo do éxito do ano pasado coa primeira vez en Lugo da exhibición «SALTAR NA RÚA», o próximo sábado 8 de outubro terá lugar a segunda edición, de novo organizada polo Club e coa colaboración do Concello de Lugo. Nesta ocasión estará situada no centro histórico da cidade e contará coa presenza de grandes atletas destacados do ámbito do atletismo.

A partir das 17:30 horas na Rúa Quiroga Ballesteros, recentemente peonalizada, poderedes desfrutar dunha pequena mostra en plena rúa das disciplinas salto de lonxitude, triplo salto e salto con pértega, contando coa presenza de atletas referentes deste deporte a nivel autonómico, nacional e internacional.  Entre eles, estarán presentes actuais e futuras promesas do atletismo como Antía Pernas, Sergio Coello, Uxía Paz, Diego Míguez ou Lola Bouza, así como atletas xa consolidados e destacados pola súa traxectoria deportiva como Alfonso Palomanes, Bea Viteri, Santi Ferrer, Pablo Modia, Tania Valverde ou Adolfo Sainz-Maza, entre moitos outros.

 

Invitámosvos a todas e todos a achegarvos o sábado a esta actividade gratuíta que o Club organiza con moito esforzo e ilusión, co único fin de achegar o atletismo á poboación e promover a súa iniciación na nosa localidade, seguindo o exemplo doutras cidades galegas como Pontevedra onde xa é unha cita anual. Desexamos poder repetir a boa acollida que tivo a edición anterior e agardamos volver a vervos alí, apoiando ao Club e vivindo unha experiencia única na que poder desfrutar dos distintos saltos en directo, co cariño do público.

 

AGARDÁMOSVOS, NON O PODEDES PERDER!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *