II SALTAR NA RÚA EN LUGO, ÉXITO NO CASCO HISTÓRICO DA CIDADE

O sábado 8 de outubro, en pleno centro histórico da cidade, celebramos o II SALTAR NA RÚA 2022, unha exhibición dos saltos de lonxitude, triplo e pértega da man dos e das principais atletas referentes nas disciplinas a nivel galego e nacional. Sen dúbida, esta segunda edición conseguiu ser todo un éxito e impresionar ao público que se achegaba ata a Rúa Quiroga Ballesteros, grazas á colaboración do Concello de Lugo e aos patrocinadores e colaboradores do Club (Caixa Rural Galega, Monbus e Leyma).

Organizadores e atletas do Club Atletismo Lucus. ©Juan Ramilo Fotógrafo.
Atletas do salto de lonxitude. ©Juan Ramilo Fotógrafo.

Sobre as 17:30 horas comezaba o salto de lonxitude, que contou que presenza de David Vázquez, Antía Pernas, Pablo Modia e Carla Mourelle como atletas do LUCUS, ademais de Juan Piñeiro (CA Vila de Cangas), Alicia Merino e Sergio Coello (atletas do CA Feminino Celta e do RC Celta Atletismo) e os tamén compañeiros de equipo David Ferrer e Andrea Villaverde, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

 

Atletas do triplo salto. ©Juan Ramilo Fotógrafo.

Arredor das 18:10 horas continuaba a exhibición co triplo salto, no que amosaron o seu talento os atletas locais Eva Díaz (LUCUS) e Adrián Villares (CA Narón), acompañados por Pablo Saa e Uxía Paz (compañeiros do RC Celta Atletismo e CA Feminino Celta), Tania Valverde (ADAS CUPA), Xoel Otero (AA Mazí), a actual campioa galega absoluta Ariadna Gil (CA Vila de Cangas), Diego Míguez (CA Sada) e o plusmarquista autonómico Alfonso Palomanes, varias veces campión de España na especialidade.

 

Atletas do salto con pértega. ©Juan Ramilo Fotógrafo.

Xa para rematar a tarde do sábado, a iso das 18:50 horas, tiña lugar o salto con pértega, unha das probas que máis expectación espertou no público, onde puidemos ver a ilusión de novos atletas como Lola Bouza e Nerea Fernández (compañeiras no ADAS CUPA), Tomás López (CA Sada) e Aitor Fernández (CA Narón); xunto coa experiencia e o dominio de atletas xa consolidados na especialidade, como Adolfo Sainz-Maza (RC Celta Atletismo), Bea Viteri (Alcampo Scorpio 71) e Xisco López (SG Pontevedra).

 

Moitísimas grazas a todas e todos por participar e permitirnos levar a cabo esta actividade que o Club organiza con moito esforzo e ilusión para achegar o atletismo á poboación da nosa localidade; así como ao Concello de Lugo, por colaborar con nós para poder levalo a cabo; a Caixa Rural Galega, o patrocinador principal do Club; a Monbus e a Leyma, principais colaboradores na actividade do Club e a todas as persoas que vos achegastes a desfrutar da exhibición, amosándonos o voso apoio e desfrutando da xornada. Deixámosvos unha galería de imaxes da man de Juan Ramilo Fotógrafo.

AGARDAMOS PODER REPETIR O ANO QUE VÉN, VÉMONOS!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *