CERTIFICADOS – Restricións COVID –

 

➙ CERTIFICADO PARA DESPRAZARSE AOS ADESTRAMENTOS

Poden solicitalo atletas ou adestradores/as con licenza federativa en vigor para acudir aos adestramentos cando estes teñan lugar nun concello con distinto nivel de restricións ao seu concello de residencia, sempre que estean vinculados a unha competición oficial que se celebre nun prazo máximo de catro semanas (desde a data do certificado). Podes consultar o nivel de restricións dos concellos galegos aquí.

  1. Cubre os datos que se solicitan no certificado ➤ aquí.
  2. Envía o certificado debidamente cuberto a contactos.atletismolucus@gmail.com.
  3. Recibirás o certificado asinado polo Club na maior brevidade posible.

 

Nos seguintes enlaces podes consultar os calendarios oficiais da Federación Galega de Atletismo e Real Federación Española de Atletismo:

 

➙ CERTIFICADO PARA DESPRAZARSE ÁS COMPETICIÓNS

Poden solicitalo atletas ou adestradores/as con licenza federativa en vigor que participen nunha competición incluída no calendario aprobado da Federación Galega de Atletismo e/ou Real Federación Española de Atletismo, cando estas teñan lugar nun concello con distinto nivel de restricións ao seu concello de residencia. Podes consultar o nivel de restricións dos concellos galegos aquí.

  1. Cubre os datos que se solicitan no certificado ➤ aquí.
  2. Envía o certificado debidamente cuberto a contactos.atletismolucus@gmail.com.
  3. Recibirás o certificado asinado polo Club na maior brevidade posible.

 


Se tes problemas para cubrir o certificado para competición desde un dispositivo distinto ao ordenador, podes enviar os teus datos a través do seguinte enlace (solicitude certificado online).