Historia

CREACIÓN E HISTORIA DO CLUB

O actual CLUB DE ATLETISMO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA créase co nome de Club Lucus Decathlon o 17 de xullo de 1984, ante o notario Don Mario Alfonso Calvo Alonso, do Colexio de A Coruña, con residencia en Lugo, como consta na “Acta Fundacional de Constitución dunha Sociedade Deportiva“, cuxo fin exclusivo é fomentar e practicar actividades físicas e deportivas sen ánimo de lucro.

Neste primeiro momento de vida do Club, a Xunta Fundacional era a seguinte:

Presidencia D. Jesús de la Torre Cruz
Vicepresidencia Mario Gromaz Mazoy
Secretaría D. Faustino Carballal López
Tesourería D. Antonio Puente García
Vocais D. Daniel Aguilar González
D. Manuel Salgado Ferreiro
Dirección Técnica D. Fidel Vázquez Miguélez

 

O 21 de decembro de 1987 prodúcese unha asemblea xeral extraordinaria do Club, na cal a Xunta Fundacional presenta a súa dimisión con carácter irrevogable, realizándose –á súa vez– a presentación da primeira Xunta Directiva, co relevo na presidencia de D. Jesús de la Torre Cruz por D. Manuel Teijeiro Valledor. A nova Xunta Directiva quedaba formada polos seguintes membros:

Presidencia D. Manuel Teijeiro Valledor
Vicepresidencia D. Carlos Campo Andión
Secretaría D. Javier Feijoo Suárez
Tesourería D. Juan J. Tejedor Mata
Vocais D. Daniel Aguilar González
D. Ángel Calle Mañas
D. Manuel Núñez Torrón
D. Antonio Taboada Cancelo
D. José M. Pardo Penelo
Medios de comunicación D. Quique Iglesias Casas
Representación de atletas D. José M. Pérez Arias
Dirección Técnica D. Fidel Vázquez Miguélez

 

O 18 de febreiro de 1998, o domicilio social do Club pasa a estar situado na Rúa Río Sil, 37-39, entreplanta, coa Xunta Directiva composta nese momento por:

Presidencia D. Manuel Teijeiro Valedor
Secretaría D. Juan J. Tejedor Mata
Tesourería D. Javier Feijoo Suárez
Vocal, Delegado D. Jesús González Margaride
Vocal, Prensa D. Daniel Aguilar Morán

E que, logo das modificacións, quedaría composta así:

Presidencia D. Manuel Teijeiro Valedor
Secretaría D. Juan J. Tejedor Mata
Tesourería D. Javier Feijoo Suárez
Delegado D. Eustorgio Martín Teijeiro
Vocal D. Daniel Aguilar Morán

Prodúcese un cambio no nome do Club, en homenaxe ao primeiro club de atletismo de Lugo, que pasa a chamarse San Fernando Lucus Caixa Rural Galega.

Esta Xunta, coa incorporación de Adolfo Vila Feijoo como Director Técnico, seguiría ata xaneiro de 2007, momento en que o presidente, nunha asemblea extraordinaria, convoca eleccións, ás que non se presenta. Nas mesmas, é elixido novo presidente José Manuel Traseira Meilán, que nomea a seguinte Xunta Directiva:

Presidencia D. José Manuel Traseira Meilán
Secretaría D. José Manuel Merino López
Tesourería D. Xosé Xabier Díaz Fernández
Dirección Técnica D. Adolfo Vila Feijoo
Vocais D. Alberto Campo Díaz
Dª. Iria María Neira Fraga
D. Germán Alonso Barreiro
D. José Pablo Franco López
D. Raúl Rodríguez Viña

De xeito paralelo, no ano 2006, o Club toma a decisión de participar activamente na formación desde o deporte escolar coa creación da ESCOLA DE ATLETISMO DO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA

Na tempada 2007/2008, por primeira vez o Club participa nunha fase do Campionato de España de Clubs en pista ao Aire Libre, nesta primeira ocasión sería co equipo cadete feminino, que se disputaría en setembro de 2008, en Léon.

Na tempada 2009/2010, e baixo a normativa da RFEA, o Club converte en clubs asociados ao Polideportivo Casás de Lugo e ao Coruña Comarca.

O equipo participa por primeira vez na fase final de ascenso a 1ª División do Campionato de España de Clubs en pista ao Aire Libre co seu equipo feminino, disputando o encontro final o 13 de xuño de 2010 en Salamanca. Ademais, volverán participar nas fases do Campionato de España de Clubs en pista, presentando por primeira vez tres equipos, nas categorías cadete feminino (Burgos), cadete masculino (Zaragoza) e xunior feminino, sendo esta fase en Lugo o 9 de outubro de 2010, baixo a organización do Club. Cabe destacar tamén a clasificación para a final do equipo cadete masculino, que lograría en Zaragoza o 7º posto final o 23 de outubro de 2010.

Na tempada 2010/2011, renóvase a colaboración co Coruña Comarca na categoría feminina e engádese ao Atletismo Narón, facéndose filial para as categorías feminina e masculina. Vólvese participar na fase final de ascenso a 1ª División do Campionato de España de Clubs en pista ao Aire Libre co seu equipo feminino, disputando o encontro o 12 de xuño do 2011 en Burgos, cunha gran actuación na que acadan o 3º posto. A final de tempada, tras a renuncia dun equipo a participar na 1ª División, a RFEA ofrece o ascenso ao Club, que acepta o reto para a seguinte tempada.

A tempada 2011/2012 é a primeira tempada na que o Club participará na 1ª División do Campionato de España de Clubs, co seu equipo feminino. De novo, contarase como clubs filiais na categoría feminina ao Coruña Comarca e ao Afflelou Narón, ademais incorpórase ao equipo A Gándara de Monforte e fírmanse acordos de colaboración do Colexio Maristas de Lugo. En categoría masculina vólvese a ser filial do Afflelou Narón.

 

PATROCINADORES

O primeiro patrocinador do Club foi o Banco Simeón, coincidindo coa creación da primeira xunta deportiva.

Posteriormente, sería a empresa lucense Hijos de Castro Parga, S. L. y Castro Parga, S. L.

O 3 de febreiro de 1989, reúnense Don Arcadio López Lens, Director Xeral da Caixa Rural de Lugo e Don Manuel Teijeiro Valedor, Presidente do Club Lucus Decathlon, para a realización do contrato de esponsorización e patrocinio que faría a Caixa Rural de Lugo.

Este acordo vense renovando ano tras ano ata a actualidade na que, despois de case trinta anos, segue sendo o noso patrocinador principal.

Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email
Share on Google+
Google+