Información – Escola

QUEN SOMOS?

.Unha escola base de iniciación ao atletismo integrada no noso club LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, o máis antigo da provincia de Lugo, con máis de 30 anos de existencia e que dispón dun equipo de adestradores e atletas de recoñecido prestixio.

Na actualidade, o equipo da Escola de Atletismo está composto por:

  • Directores: Miguel Pérez e Pablo Modia.
  • Monitores/as: Pablo Modia, Miguel Pérez, Silvia de Albuquerque, Iván Rey, Xavier Esteban, Agustín Cordero e María Carballido.

 

POR QUE ATLETISMO?

  • É unha combinación de modalidades (correr, saltar e lanzar) que permite unha iniciación deportiva global e na que todos os nenos e nenas teñen cabida.
  • Fomenta a creación de hábitos de vida saudables.
  • Aporta a riqueza dun deporte individual, como é o atletismo,  coa práctica colectiva e o sentimento de equipo.

 

OBXECTIVOS DA ESCOLA

  • Educar a través do atletismo.
  • Adquirir as habilidades psicomotrices xerais de base.
  • Aprender as técnicas básicas do atletismo para conseguir un rendemento óptimo.
  • Coñecer e experimentar os distintos sectores e probas que constitúen este deporte.
  • Participar en competicións escolares diversas como o campo a través e a pista (cuberta e aire libre).

 

TEMPADA 2020/2021

ATLETAS

Nenas e nenos nados do ano 2008 ata o 2015.

 

DURACIÓN

Do 1 de outubro a finais de xuño (segundo calendario escolar).

 

GRUPOS

A Escola organízase nas seguintes categorías, en función da idade dos/as atletas.

  • Categoría SUB8 / prebenxamín (2015-2014).
  • Categoría SUB10 / benxamín (2013-2012).
  • Categoría SUB12 / alevín (2011-2010).
  • Categoría SUB14 / infantil (2009-2008).

 

HORARIOS E LUGAR 

IMPORTANTE: hai cambios con respecto a tempadas anteriores por mor das medidas sanitarias fronte á COVID-19, lembrade revisar os días e as horas segundo o(s) grupo(s) asignado(s).

Os adestramentos de todas as categorías teñen lugar nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da piscina As Pedreiras), nos seguintes días e horas:

  • Categorías SUB8, SUB10 e SUB12: 2 días/semana.
  • Categoría SUB14: 3 días/semana.

 

GRUPOS DE ADESTRAMENTO – 2020/2021
  LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
16:30-17:30h   GRUPO B1     GRUPO E1
16:30-17:45h       GRUPO D1  
18:00-19:00h

GRUPO A2 GRUPO B2 GRUPO C2 GRUPO D2 GRUPO E2
  GRUPO B3 GRUPO C3   GRUPO E3
18:15-19:30h



GRUPO A4 GRUPO B4 GRUPO C4 GRUPO D4 GRUPO E4 
GRUPO A5 GRUPO B5 GRUPO C5 GRUPO D5 GRUPO E5
        GRUPO E6
        GRUPO E7

Se tes problemas para visualizar correctamente a táboa, xira a pantalla en horizontal ou fai clic ➤aquí.

 

COTA ANUAL DA ESCOLA

  • Cota estándar: 160€ (inclúe seguro de accidentes).
  • No caso de 2 irmáns: 290€. 
  • No caso de 3 irmáns: 320€.

A ingresar a comezo da tempada nun único pago ou en pago fraccionado. En caso de fraccionar a cota, o primeiro ingreso será do 60% (95€ na estándar, 175€ se son 2 irmáns e 190€ se son 3 irmáns) e o segundo do 40% restante (65€ no primeiro caso, 115€ no segundo e 130€ no terceiro), que quedará domiciliado e será pasado a cobro no mes de febreiro de 2021. 

  • A cota deberá ser abonada na conta bancaria do CLUB LUCUS, na entidade CAIXA RURAL GALEGA, nº ES86 3070 0001 2111 3726 5623, indicando en CONCEPTO: NOME COMPLETO ATLETA (cota total ou pago fraccionado).

NOTA: no pago fraccionado, os intereses ocasionados por devolución do recibo domiciliado serán responsabilidade da persoa interesada, en ningún caso do Club.

 

! COMPENSACIÓNS DO ÚLTIMO TRIMESTRE 2019/2020

Para todas as familias que, na tempada 2019/2020, viron interrompida a actividade da Escola de Atletismo como consecuencia das restriccións sanitarias e o confinamento derivado da COVID-19, ofrécense as seguintes opcións para compensar este último trimestre.

  • En caso de continuar na Escola de Atletismo a tempada 2020/2021, terán unha redución proporcional ao trimestre no importe da cota anual.
    • Cota estándar: 110€ (en pago fraccionado: 65€ + 45€)
    • No caso de 2 irmáns: 195€ (en pago fraccionado: 120€ + 75€)
    • No caso de 3 irmáns: 215€ (en pago fraccionado 130€ + 85€)
  • En caso de non continuar na Escola de Atletismo, recibirán a devolución da parte proporcional ao trimestre da cota anual. Deberán poñerse en contacto a través do e-mail escolalucus@gmail.com para a súa tramitación.
    • Devolución estándar: 50€
    • No caso de 2 irmáns: 95€
    • No caso de 3 irmáns: 105€

 

EQUIPAMENTO DA ESCOLA

Será obrigatorio adquirir o equipamento básico da Escola de Atletismo: camiseta e suadoiro (25€). Debido á actual situación sanitaria e á obrigatoriedade do uso da máscara, esta tempada os/as atletas deberán adquirir a máscara deportiva da Escola por 5€ (aínda que o custo total é de 10€, o Club sufragará o 50% do importe na primeira unidade por ser obrigatoria).

Para comprar material adicional (mochila, parka, chuvasqueiro, saco, chándal, etc.) informarase dos prezos a través do enderezo electrónico ou na oficina de Club, con cita previa.

CAMISETA (7€) SUADOIRO (18€)
MÁSCARA DEPORTIVA (5€ 10€)

 

Para a participación nas competicións ao longo da tempada, o Club proporcionará a roupa de competir en réxime de préstamo, previo abono dunha fianza de 30€ que será devolta coa entrega do equipamento deportivo, ao remate da Escola de Atletismo.

 

! NOVAS MEDIDAS FRONTE Á COVID-19

O cumprimento das novas medidas recollidas no protocolo COVID-19 serán de carácter obrigatorio para todas as persoas vinculadas á Escola de Atletismo (atletas, monitores/as, adestradores/as e familias).

LUGAR DE CHEGADA E RECOLLIDA DE ATLETAS POR GRUPO

 

DESPRAZAMENTOS E COMIDAS

Nas viaxes en autobús para as competicións, cada atleta deberá abonar 5€ en concepto de desprazamento e, de ser o caso, de xantar, para cubrir os gastos. Os cartos entregaranse ao monitor ou monitora encargados no momento da subida ao bus.

 

RECOMENDACIÓNS

É recomendable que acudan sempre ás pistas con calzado deportivo de recambio para cando os adestramentos teñan lugar no módulo cuberto de atletismo, se a metereoloxía así o esixe, pois é obrigatorio entrar á instalación con calzado diferente ao da rúa (É UNHA NORMA DO CONCELLO). 

IMPORTANTE: por mor das restricións sanitarias derivadas da COVID-19, o aforo máximo do Módulo Cuberta quedou reducido a 10 persoas, polo que o máis probable é que non se poida utilizar pola Escola de Atletismo. Recoméndase traer unha mochila con roupa de cambio os días de choiva, pois os adestramentos terán que ser ao aire libre, ao non ter outra alternativa.

 

INSCRICIÓN E/OU PROBA GRATUÍTA

Por mor das novas medidas recollidas no protocolo COVID-19 e no contexto da actual situación sanitaria, para formar parte da nosa Escola de Atletismo a presente tempada 2020/2021 ou probar un par de sesións sen compromiso, deberá solicitarse previamente a través do enderezo electrónico escolalucus@gmail.com. Non se poderá acudir aos adestramentos ata ter un grupo específico asignado, así como ter enviado previamente o impreso de inscrición ou impreso de inscrición de proba gratuíta, xunto coa declaración responsable. Debido ás restricións actuais e a redución na rateo, rogamos a maior flexibilidade posible.

 

 

CONTACTO

Podes poñerte en contacto con nós a través do enderezo electrónico escolalucus@gmail.com ou atoparnos no local do Club situado nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (Piscina As Pedreiras). Por mor da situación sanitaria, a atención presencial realizarase mediante cita previa por e-mail.

 

ESTAMOS DESEXANDO COÑECERTE!!

Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email