
Información – Escola
QUEN SOMOS?
.Unha escola base de iniciación ao atletismo integrada no noso Club LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, o máis antigo da provincia de Lugo, con máis de 35 anos de existencia e do que forman parte un equipo de adestradores e atletas de recoñecido prestixio.
Na actualidade, o equipo da nosa Escola de Atletismo está composto por:
- Director: Pablo Modia.
- Monitores/as: Silvia de Albuquerque, Raúl Álvarez, Agustín Cordero, Pablo Gandoy e Iván Rey.
POR QUE ATLETISMO?
- É unha combinación de modalidades (correr, saltar e lanzar) que permite unha iniciación deportiva global e na que todos os nenos e nenas teñen cabida.
- Fomenta a creación de hábitos de vida saudables.
- Aporta a riqueza dun deporte individual, como é o atletismo, coa práctica colectiva e o sentimento de pertenza ao equipo.
OBXECTIVOS DA ESCOLA
- Educar a través do atletismo.
- Adquirir as habilidades psicomotrices xerais de base.
- Aprender as técnicas básicas do atletismo para conseguir un rendemento óptimo.
- Coñecer e experimentar os distintos sectores e probas que constitúen este deporte.
- Participar en competicións escolares diversas como o campo a través e a pista (cuberta e aire libre).
TEMPADA 2021/2022
ATLETAS
Nenas e nenos nados do ano 2009 ata o 2016.
DURACIÓN
Do 17 de setembro ata finais de xuño (segundo calendario escolar).
GRUPOS
A Escola organízase por categorías, en función da idade dos/as atletas.
- Categoría SUB8 (antiga prebenxamín): atletas do 2016 e 2015.
- Categoría SUB10 (antiga benxamín): 2014 e 2013.
- Categoría SUB12 (antiga alevín): 2012 e 2011.
- Categoría SUB14 (antiga infantil): 2010 e 2009.
HORARIOS E LUGAR
IMPORTANTE: hai cambios con respecto a tempadas anteriores por mor das medidas sanitarias fronte á COVID-19, lembrade revisar os días e as horas segundo o(s) grupo(s) específico(s). |
Os adestramentos de todas as categorías teñen lugar nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da piscina As Pedreiras), nos seguintes días e horas:
- Categorías SUB8 e SUB10 (ata 2 días/semana): martes e venres de 17:00 a 18:00 horas.
- Categoría SUB12 (ata 2 días/semana): martes e venres de 18:15 a 19:30 horas.
- Categoría SUB14 (ata 3 días/semana): martes, xoves e venres de 18:15 a 19:30 horas.
GRUPOS DE ADESTRAMENTO – TEMPADA 2021/2022
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | |
17:00-18:00h | SUB8
SUB10 |
SUB8
SUB10 |
|||
18:15-19:30h | SUB12
SUB14 |
SUB14 | SUB12
SUB14 |
Se tes problemas para visualizar correctamente a táboa, xira a pantalla en horizontal ou fai clic ➤ aquí.
COTA ANUAL DA ESCOLA
- Cota estándar: 160€ (inclúe seguro de accidentes).
- No caso de 2 irmáns: 290€.
- No caso de 3 irmáns: 320€.
A ingresar a comezo da tempada nun único pago ou en pago fraccionado. En caso de fraccionar a cota, o primeiro ingreso será do 60% (95€ na estándar, 175€ se son 2 irmáns e 190€ se son 3 irmáns) e o segundo do 40% restante (65€ no primeiro caso, 115€ no segundo e 130€ no terceiro), que quedará domiciliado e será pasado a cobro no mes de febreiro de 2022. [AVISO: no pago fraccionado, os intereses ocasionados por devolución do recibo domiciliado serán responsabilidade da persoa interesada, en ningún caso do Club].
- A cota deberá ser abonada na conta bancaria do CLUB ATLETISMO LUCUS, na entidade CAIXA RURAL GALEGA, nº ES86 3070 0001 2111 3726 5623, indicando en CONCEPTO: NOME COMPLETO ATLETA (cota total ou pago fraccionado).
Para as inscricións que se realicen durante a tempada, o importe da cota será proporcional ao momento no que se incorporen á Escola de Atletismo (podes consultar as tarifas aquí).
EQUIPAMENTO DA ESCOLA
Será obrigatorio adquirir o equipamento básico da Escola de Atletismo: camiseta e suadoiro (25€).
Para comprar material adicional (mochila, parka, chuvasqueiro, saco, chándal, etc.) informarase dos prezos a través do enderezo electrónico ou na oficina de Club.
CAMISETA (7€) | SUADOIRO (18€) |
Para a participación nas competicións que teñan lugar ao longo da tempada, o Club proporcionará a roupa de competir en réxime de préstamo, previo abono dunha fianza de 30€ que será devolta coa entrega do equipamento deportivo, ao remate da Escola de Atletismo.
! MEDIDAS FRONTE Á COVID-19
Debido á situación sanitaria actual, recoméndase o cumprimento das medidas recollidas no protocolo COVID-19 por todas as persoas vinculadas á Escola de Atletismo (atletas, monitores/as, adestradores/as e familias).
Prégase ler detidamente o protocolo elaborado e consultar calquera dúbida.
LUGAR DE CHEGADA E RECOLLIDA DE ATLETAS
! IMPORTANTE: A partir de xaneiro de 2022, a zona de chegada e recollida de atletas será na entrada da instalación (sen acceder ao interior), onde deberán agardar aos monitores/as para a toma de temperatura e lista de control. Con este cambio preténdese evitar o cruce da estrada en grupo cos menores, especialmente os días de choiva e con menor visibilidade para os vehículos. Grazas pola colaboración.
DESPRAZAMENTOS E COMIDAS
Nas viaxes en autobús para as competicións, cada atleta deberá abonar 5€ –cando así se comunique previamente– en concepto de desprazamento e, de ser o caso, de xantar, para cubrir os gastos derivados. Os cartos entregaranse ao monitor ou monitora encargados no momento da subida ao bus.
RECOMENDACIÓNS
É recomendable que acudan sempre ás pistas con calzado deportivo de recambio para cando os adestramentos teñan lugar no módulo cuberto de atletismo, se a meteoroloxía así o esixe, pois é obrigatorio entrar á instalación con calzado diferente ao da rúa (é unha NORMA DO CONCELLO).
IMPORTANTE: Recoméndase traer unha mochila con roupa de cambio os días de choiva, pois os adestramentos poderán ser ao aire libre, en caso de non ter outra alternativa.
INSCRICIÓN E/OU PROBA GRATUÍTA
Por mor das medidas recollidas no protocolo COVID-19 e no contexto da actual situación sanitaria, toda persoa que desexe inscribirse e/ou probar sen compromiso na Escola de Atletismo a presente tempada 2021/2022 deberá presentar con carácter previo á asistencia o impreso de inscrición ou impreso de inscrición de proba gratuíta, ben por correo electrónico a escolalucus@gmail.com ou de xeito presencial o primeiro día que acuda ao adestramento. Non poderá participar nos adestramentos sen ter presentado calquera dos dous impresos previamente, dispoñibles nos seguintes enlaces.
![]() |
![]() |
CONTACTO
Podes poñerte en contacto con nós a través do enderezo electrónico escolalucus@gmail.com ou atoparnos no local do Club situado nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (Piscina As Pedreiras). Por mor da situación sanitaria, a atención presencial estará máis limitada; en caso de asunto urxente, atenderémoste por vía telemática.