Información – Escola

QUEN SOMOS?

.Unha escola base de iniciación ao atletismo integrada no noso Club LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, o máis antigo da provincia de Lugo, con máis de 37 anos de existencia e do que formaron parte un equipo de adestradores e atletas de recoñecido prestixio.

Na actualidade, o equipo da nosa Escola de Atletismo está composto por:

  • Director: Pablo Modia.
  • Monitores/as: Silvia de Albuquerque, Alexander Barreiro, Agustín Cordero, Xavier Esteban, Pablo Modia, Iván Rey, Raúl Rodríguez, Santiago Rozas e Laura Santos.

 

POR QUE ATLETISMO?

  • É unha combinación de modalidades (correr, saltar e lanzar) que permite unha iniciación deportiva global e na que todos os nenos e nenas teñen cabida.
  • Fomenta a creación de hábitos de vida saudables.
  • Aporta a riqueza dun deporte individual, como é o atletismo, coa práctica colectiva e o sentimento de pertenza ao equipo.

 

OBXECTIVOS DA ESCOLA

  • Educar a través do atletismo.
  • Adquirir as habilidades psicomotrices xerais de base.
  • Aprender as técnicas básicas do atletismo para conseguir un rendemento óptimo.
  • Coñecer e experimentar os distintos sectores e probas que constitúen este deporte.
  • Participar en competicións escolares diversas como o campo a través e a pista (cuberta e aire libre).

 

TEMPADA 2022/2023

ATLETAS

Nenas e nenos nados do ano 2017 ata o 2010.

 

DURACIÓN

Do martes 20 de setembro ata o venres 23 de xuño, incluídos.

 

GRUPOS

A Escola organízase por categorías, en función da idade dos/as atletas.

  • Categoría SUB8 (antiga prebenxamín): atletas do 2017 e 2016.
  • Categoría SUB10 (antiga benxamín): 2015 e 2014.
  • Categoría SUB12 (antiga alevín): 2013 e 2012.
  • Categoría SUB14 (antiga infantil): 2011 e 2010.

 

HORARIOS E LUGAR [!] [Cambios con respecto á tempada pasada]

Os adestramentos de todas as categorías teñen lugar nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da piscina As Pedreiras), nos seguintes días e horas:

  • Categorías SUB8 e SUB10 (escoller 2 días/semana):
    • Martes, mércores e venres de 17:00 a 18:00 horas.
  • Categoría SUB12 (escoller 2 días/semana):
    • Martes, mércores e venres de 18:00 a 19:30 horas.
  • Categoría SUB14 (3 días/semana):
    • Martes, mércores e venres de 18:00 a 19:30 horas.

 

GRUPOS DE ADESTRAMENTO – TEMPADA 2022/2023
  LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
17:00-18:00h   SUB8 *

SUB10 *

SUB8 *

SUB10 *

  SUB8 *

SUB10 *

18:00-19:30h   SUB12 *

SUB14

SUB12 *

SUB14

  SUB12 *

SUB14

*As categorías SUB8, SUB10 e SUB12 teñen a escoller ata 2 días/semana e así deben indicalo no formulario de inscrición online. En caso de non escoller días, asignarase o grupo con menor número de atletas nese momento.

Será necesario un mínimo de 15 atletas por grupo.

Se tes problemas para visualizar correctamente a táboa, proba a xirar a pantalla en horizontal ou accede ao documento aquí.

 

COTAS DA ESCOLA [!] [Cambios con respecto á tempada pasada]

  • Matrícula e licenza federativa: 50€ (inclúe seguro deportivo).
  • Adestramentos: 20€/mes (de outubro a xuño, incluídos).
    • No caso de 2 irmáns: 35€/mes.
    • No caso de 3 irmáns: 40€/mes e unha matrícula gratis.

O cobro das cotas realizaranse a través da aplicación Cluber mediante pago con tarxeta. O primeiro mes pagarase a matrícula e a cota de adestramento (50€ + 20€), o resto de meses cargarase automáticamente a cota de adestramento nos primeiros días do mes correspondente (é dicir, nos primeiros días de novembro pasarase a cobro a cota de novembro, en decembro a de decembro e así sucesivamente). [NOTA: os intereses que poidan ocasionarse por devolución do pago da cota serán responsabilidade exclusiva da persoa interesada, que deberá abonalos por calquera dos medios dispoñibles].

 

As inscricións que se realicen unha vez comezada a tempada, deberán abonar o importe de matrícula no mes de proba (50€); o resto de meses cargarase automáticamente a cota de adestramento nos primeiros días do mes correspondente.

 

EQUIPAMENTO DA ESCOLA

Será obrigatorio adquirir o equipamento básico da Escola de Atletismo (camiseta + suadoiro) para acudir aos adestramentos e ás competicións. Podedes visitar a oficina do Club en horario de atención para probar as tallas e mercalo alí, ou reservalo previamente online, no enlace inferior.

 

PACK CAMISETA + SUADOIRO (28€) *
* Por separado: camiseta (9€) e suadoiro (21€).

 

Para comprar material adicional (mochila, parka, chuvasqueiro, saco, chándal, etc.) podedes consultar os prezos na oficina de Club ou en calquera momento por correo electrónico.

 

Nas competicións que teñan lugar ao longo da tempada, o Club proporcionará a roupa de competir para os/as atletas en réxime de préstamo, previo abono dunha fianza de 30€ que será devolta coa entrega do equipamento deportivo, ao remate da tempada da Escola de Atletismo.

 

! MEDIDAS DE HIXIENE E DE SAÚDE

Aínda que a situación sanitaria, afortunadamente, está lonxe dos comezos da pandemia derivada da COVID-19, recoméndase o cumprimento das medidas recollidas no protocolo de saúde con carácter preventivo por todas as persoas vinculadas á Escola de Atletismo (atletas, monitores/as, adestradores/as e familias).

Prégase ler detidamente o protocolo elaborado e consultar calquera dúbida

 

LUGAR DE CHEGADA E RECOLLIDA DE ATLETAS

 

DESPRAZAMENTOS E COMIDAS

Nas viaxes en autobús para as competicións, cada atleta deberá abonar 5€ –salvo que se comunique o contrario previamente– en concepto de desprazamento e, de ser o caso, de xantar, para cubrir os gastos derivados do desprazamento.

 

RECOMENDACIÓNS

É recomendable que acudan sempre ás pistas con calzado deportivo de recambio para cando os adestramentos teñan lugar no módulo cuberto de atletismo, se a meteoroloxía así o esixe, pois é obrigatorio entrar á instalación con calzado diferente ao da rúa (é unha NORMA DO CONCELLO). 

IMPORTANTE: Recoméndase traer unha mochila con roupa de cambio os días de choiva, pois os adestramentos poderán ser ao aire libre, en caso de non ter outra alternativa.

 

INSCRICIÓN E/OU PROBA GRATUÍTA

Para realizar a inscrición na nosa Escola de Atletismo ou probar sen compromiso a presente tempada 2022/2023 se aínda non nos coñeces, só tes que cubrir o formulario correspondente con carácter previo á asistencia. No caso do impreso de proba gratuíta (pre-inscrición), deberá entregarse ben por correo electrónico a escolalucus@gmail.com ou de xeito presencial o primeiro día que acuda ao adestramento. Non poderán participar nos adestramentos sen ter presentado calquera dos dous impresos previamente, dispoñibles nos seguintes enlaces.

 

(Titorial de inscrición paso a paso)

 

CONTACTO

Podes poñerte en contacto con nós a través do enderezo electrónico escolalucus@gmail.com ou visitarnos no local do Club situado nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da Piscina As Pedreiras) en horario de atención.

 

ESTAMOS DESEXANDO COÑECERTE!!

Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email