Información – Escola

QUEN SOMOS?

.Unha escola base de iniciación ao atletismo integrada no LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, o club máis antigo de Lugo, con case 40 anos de experiencia, e do que formaron parte moitos adestradores e atletas de recoñecido prestixio na nosa localidade.

Na actualidade, o equipo da nosa Escola de Atletismo está composto por adestradores, mestres especializados en Educación Física e atletas destacados a nivel autonómico e nacional vinculados ao Club.

  • Coordinadora: Silvia de Albuquerque.
  • Monitores/as: Alexander Barreiro, Agustín Cordero, Carla Díaz, Iván Rey, Raúl Rodríguez e Santiago Rozas.

 

POR QUE ATLETISMO?

  • É unha combinación de modalidades (correr, saltar e lanzar) que permite unha iniciación deportiva global e na que todos os nenos e nenas teñen cabida.
  • Fomenta a creación de hábitos de vida saudables.
  • Aporta a riqueza dun deporte individual, como é o atletismo, coa práctica colectiva e o sentimento de pertenza ao equipo.

 

OBXECTIVOS DA ESCOLA

  • Educar a través do atletismo.
  • Adquirir as habilidades psicomotrices xerais de base.
  • Aprender as técnicas básicas do atletismo para conseguir un rendemento óptimo.
  • Coñecer e experimentar os distintos sectores e probas que constitúen este deporte.
  • Participar en competicións escolares e federadas como o campo a través e a pista (cuberta e aire libre).

 

TEMPADA 2023/2024

ATLETAS

Nenas e nenos nados no ano 2018 ata o 2011.

 

DURACIÓN

Do martes 19 de setembro ata o venres 21 de xuño, incluídos.

 

GRUPOS

A Escola organízase por categorías, en función da idade dos/as atletas.

  • Categoría SUB8 (antiga prebenxamín): atletas do 2018 e 2017.
  • Categoría SUB10 (antiga benxamín): 2016 e 2015.
  • Categoría SUB12 (antiga alevín): 2014 e 2013.
  • Categoría SUB14 (antiga infantil): 2012 e 2011.

 

HORARIOS E LUGAR [Cambios con respecto á tempada 2022/23]

[!] Co obxectivo de favorecer a práctica de atletismo e ofrecer máis posibilidades para a conciliación familiar, esta tempada ampliamos os días e as horas dos distintos grupos e engadimos un día máis de adestramento en todas as categorías.

Os adestramentos teñen lugar nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da piscina As Pedreiras), nos seguintes días e horas:

  • Categorías SUB8 e SUB10 (escoller 3 días/semana):
    • De martes a venres de 17:00 a 18:00 horas.
  • Categoría SUB12 (escoller 3 días/semana):
    • De martes a venres de 18:00 a 19:30 horas.
  • Categoría SUB14 (4 días/semana):
    • De martes a venres de 18:00 a 19:30 horas.

 

GRUPOS DE ADESTRAMENTO – TEMPADA 2023/2024
  LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
17:00-18:00h   SUB8 *

SUB10 *

SUB8 *

SUB10 *

SUB8 *

SUB10 *

SUB8 *

SUB10 *

18:00-19:30h   SUB12 *

SUB14

SUB12 *

SUB14

SUB12 *

SUB14

SUB12 *

SUB14

*As categorías SUB8, SUB10 e SUB12 teñen a escoller ata 3 días/semana e así deben indicalo no formulario de inscrición online. En caso de non escoller días, asignarase o grupo con menor número de atletas nese momento.

Será necesario un mínimo de 15 atletas por grupo.

Se tes problemas para visualizar correctamente a táboa, proba a xirar a pantalla en horizontal ou accede ao documento aquí.

 

LUGAR DE CHEGADA E RECOLLIDA DE ATLETAS

 

COTAS DA ESCOLA

A cota por tempada da Escola de Atletismo inclúe matrícula (con licenza federativa e seguro deportivo) e adestramentos (cota mensual de outubro a xuño, incluídos, ou pago único ao comezo da tempada), cos seguintes descontos especiais para as familias. 

Cota estándar 
  • Matrícula: 50€ 
  • Adestramentos: 30€/mes
Cota especial (2 irmáns) 
  • Matrícula: 100€ (50€/atleta)
  • Adestramentos: 50€/mes (-5€/mes por atleta)
Cota especial (3 irmáns) 
  • Matrícula: 100€ (unha matrícula gratis)
  • Adestramentos: 60€/mes (-10€/mes por atleta)

O cobro das cotas realízase a través de Cluber mediante pago con tarxeta. O primeiro mes págase a matrícula e a cota de adestramento, os seguintes meses cobrarase automáticamente a cota de adestramento nos primeiros días do mes que corresponda. Tamén está dispoñible a opción de pago único ao comezo da tempada (debedes seleccionar esta opción nas cotas ao realizar a inscrición online). 

 

As novas altas que se realicen comezada a tempada, deberán abonar o importe de matrícula no mes de proba, o resto de meses cargarase automaticamente a cota de adestramento nos primeiros días do mes que corresponda. Tamén está dispoñible a opción de pago único (debedes seleccionar esta opción nas cotas ao realizar a inscrición online). 

 

INSCRICIÓN E/OU PROBA GRATUÍTA

Para formalizar a inscrición na nosa Escola de Atletismo, ou probar sen compromiso se aínda non nos coñeces, só tes que cubrir o formulario correspondente con carácter previo á asistencia. No caso do impreso de proba gratuíta (pre-inscrición), deberá entregarse ben por correo electrónico a escolalucus@gmail.com ou de xeito presencial o primeiro día que acuda ao adestramento. Non poderán participar nos adestramentos sen ter presentado calquera dos dous impresos previamente, dispoñibles nos seguintes enlaces.

 

(Alta ou renovación)

(Proba gratuíta)

 

EQUIPAMENTO DA ESCOLA

Será obrigatorio adquirir o equipamento básico da Escola de Atletismo (camiseta + suadoiro) para acudir aos adestramentos, competicións e calquera outra actividade vinculada ao Club. Podedes visitar a oficina do Club en horario de atención para probar as tallas e mercalo alí, ou reservalo previamente de xeito online, no seguinte enlace.

 

PACK CAMISETA + SUADOIRO (28€) -2€ desconto*
* Por separado: camiseta (9€) e suadoiro (21€).

 

Para mercar material adicional (mochila, anorak, chuvasqueiro, saco, chándal, etc.) podes consultar os prezos na oficina de Club ou en calquera momento por correo electrónico ou WhatsApp.

 

Nas competicións que teñan lugar ao longo da tempada, o Club proporcionará a roupa de competir para os/as atletas en réxime de préstamo, previo abono dunha fianza de 30€ que será devolta coa entrega do equipamento deportivo, ao remate da tempada da Escola de Atletismo.

 

RECOMENDACIÓNS

É recomendable que acudan sempre ás pistas con calzado deportivo de recambio para cando os adestramentos teñan lugar no módulo cuberto de atletismo, pois é obrigatorio entrar á instalación con calzado diferente ao da rúa (é unha NORMA DO CONCELLO). 

IMPORTANTE: Recoméndase traer sempre unha mochila con roupa de cambio (especialmente os días de choiva), pois a maioría dos adestramentos teñen lugar ao aire libre; así como unha botella de auga persoal para hidratarse durante a actividade.

 

CONTACTO

Podes poñerte en contacto con nós a través do enderezo electrónico escolalucus@gmail.com, WhatsApp (664 321 302) ou visitarnos no local do Club situado nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da Piscina As Pedreiras) en horario de atención (dispoñible aquí).

 

ESTAMOS DESEXANDO COÑECERTE!!