Infórmate!

A ESCOLA DE ATLETISMO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA organiza unha nova edición do Campus de Verán, o LUCUS SUMMER CAMP 2018, co obxectivo de ofrecer unha alternativa ás familias na conciliación da vida laboral e familiar, ademais de promover a iniciación deportiva nos/as máis pequenos/as e a ocupación do seu tempo de ocio dun xeito recreativo, activo e motivador.

 

LUGAR E DATAS

  • ONDE ESTAMOS? Nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (debaixo da Piscina As Pedreiras), en Lugo.
  • CANDO TERÁ LUGAR? Do 25 de xuño ao 7 de setembro, nas seguintes semanas:
    • Do 25 ao 29 de xuño.
    • Do 2 ao 6 de xullo.
    • Do 9 ao 13 de xullo.
    • Do 3 ao 7 de setembro.

 

HORARIOS

O Campus de Verán levarase de LUNS  a VENRES en horario de 9:00/9:30 ás 14:00 horas, con posibilidade de HORARIO EXTRA de entrada ou saída (de 8:00 a 15:00 horas) por 1’50€/día e servizo.

 

PARTICIPANTES

Está dirixido a nenas e nenos de entre 4 a 14 anos, con datas de nacemento desde 2004 a 2013, ambos incluídos.

 

ACTIVIDADES

Entre as actividades que se desenvolverán ao longo da semana, destacan a iniciación deportiva ao atletismo, xogos, obradoiros, así como saídas cada semana pola cidade, piscina, rocódromo, campo de golf e moito máis!

 

PREZOS E INSCRICIÓN

  • CAL É A TARIFA DO CAMPUS? O prezo por cada semana será de 80€ (inclúe aperitivo a media mañá e seguro de accidentes), coa aplicación dun 10% de desconto (72€) nos seguintes casos:
    • Pertencer á nosa Escola de Atletismo.
    • Traer a un/a amigo/a ou familiar.
    • Repetir semana no LUCUS SUMMER CAMP 2018.

O pago deberá realizarse mediante ingreso ou transferencia ao nº de conta bancaria do Club, na entidade Caixa Rural Galega (ES86 3070 0001 2111 3726 5623) indicando en concepto o NOME COMPLETO DO/A NENO/A  e “PAGO CAMPUS 2018”; ou mediante tarxeta de crédito de forma presencial na oficina do Club.

O xustificante de pago deberá entregarse, coa ficha de inscrición, o primeiro día da semana; ou ben enviarse a escolalucus@gmail.com, xunto co nome do/a neno/a.

  • COMO ME INSCRIBO? Para formalizar a túa inscrición deberás entregar cuberta a túa SOLICITUDE (dispoñible na oficina, o primeiro día de cada semana do Campus na oficina ou na nosa web directamente desde 👉aquí) e acompañala co XUSTIFICANTE DE PAGO da matrícula. Así de fácil!

 

RECOMENDACIÓNS

  • Vestir roupa e calzado deportivos.
  • Protexerse (gorra, crema solar, etc.)
  • Traer roupa para a piscina —traxe de baño, toalla, gorro, calzado, etc.— (Avisarase o día anterior).
  • VIR CON ENERXÍA E DESFRUTAR.
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email
Share on Google+
Google+