Información Campus de Verán

A ESCOLA DE ATLETISMO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA organiza unha nova edición do Campus de Verán, o LUCUS SUMMER CAMP 2019, co obxectivo de ofrecer unha alternativa ás familias na conciliación da vida laboral e familiar, ademais de promover a iniciación deportiva nos/as máis cativos/as e a ocupación do seu tempo de ocio dun xeito recreativo, activo e motivador.

 

LUGAR E DATAS

  • ONDE ESTAMOS? Nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (debaixo da Piscina As Pedreiras), en Lugo.

 

  • CANDO TERÁ LUGAR? Do 1 de xullo ao 12 de xullo, nas seguintes semanas:
    • Do 1 ao 5 de xullo.
    • Do 8 ao 12 de xullo.

 

HORARIOS

O Campus de Verán levarase de LUNS  a VENRES en horario de 9:00/9:15 a 14:00 horas, con posibilidade de HORARIO EXTRA de saída ata ás 15:00 horas (consultar prezo adicional por servizo) e de acudir días soltos da semana.

 

PARTICIPANTES

Está dirixido a nenas e nenos de entre 4 a 13 anos, con datas de nacemento desde 2006 a 2014, ambos incluídos.

 

ACTIVIDADES

Entre as actividades que se desenvolverán ao longo da semana, destacan a iniciación deportiva ao atletismo e ás súas distintas especialidades, xogos, obradoiros, así como saídas cada semana pola cidade, tempo de ocio e moito máis!

 

PREZOS E INSCRICIÓN

  • CAL É A TARIFA DO CAMPUS? O prezo por cada semana é de 60€ (inclúe aperitivo a media mañá e seguro de accidentes), con descontos especiais nos seguintes casos:
    • Pertencer á nosa Escola de Atletismo (10% → 54€).
    • Traer a un/a amigo/a ou familiar (10% → 54€).
    • Repetir semana no LUCUS SUMMER CAMP 20198 (as dúas semanas → 100€).

O pago deberá realizarse mediante ingreso ou transferencia ao nº de conta bancaria do Club, na entidade Caixa Rural Galega (ES86 3070 0001 2111 3726 5623) indicando en concepto o NOME COMPLETO DO/A NENO/A  e «PAGO CAMPUS 2019»; ou mediante tarxeta de crédito de forma presencial na oficina do Club.

O xustificante de pago deberá entregarse, xunto coa ficha de inscrición, o primeiro día da semana; ou ben enviarse por correo electrónico a escolalucus@gmail.com, indicando o nome do/a neno/a.

  • COMO ME INSCRIBO? Para formalizar a inscrición deberás entregar cuberta a túa SOLICITUDE (dispoñible na oficina, o primeiro día de cada semana do Campus ou na nosa web, desde a imaxe inferior) e acompañala co XUSTIFICANTE DE PAGO da matrícula. Así de fácil!

 

RECOMENDACIÓNS

  • Vestir roupa e calzado deportivos.
  • Protexerse segundo a meteoroloxía (gorra, crema solar, etc.)
  • Advertir de posibles alerxias ou cuestión a ter en conta con respecto ao/á menor.
  • VIR CON ENERXÍA E DESFRUTAR.
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email