LUCUS en Radio Lugo – CADENA SER

No día de onte, mércores 18 de abril, o LUCUS CAIXA RURAL GALEGA falaba de novo na CADENA SER, no espazo deportivo de Radio Lugo. Desta vez, o portavoz foi o actual director técnico do club, Iago Núñez Lugilde, para comentar as sensacións de cara ao Campionato de Galicia Absoluto de Clubs, facendo mención tamén á Escola de Atletismo e aos resultados acadados na I Clasificatoria do pasado sábado 14 de abril.

Se perdiches a entrevista en directo, podes escoitala outra vez no seguinte enlace ou premendo na imaxe posterior (minuto 4:55 ao 8:41)