Menú Principal
Bienvenido
ESCOLA ATLETISMO 2017/2018
Patrocinador

Institucións colaboradoras
Clubs Asociados
Buscar Lucus Caixa Rural Galega
Redes Sociales
INSCRICIÓNS ONLINE
Próximos eventos
Eventos no próximos
Saturday 21 April 2018
AVISO MOI IMPORTANTE!!
Administrador, Saturday, 21-April-2018 16:33:31 // -
Todas e todos os atletas inscritos nunha proba que, pechado o prazo de inscrición, NON PARTICIPEN na mesma, deberán enviar correo á FGA, ou ben á organización da proba, avisando da súa renuncia. Están a chegar MULTAS de 3€ por atleta debido á ausencia nas probas sen xustificalo con 24 horas de antelación. En caso de non avisar ou non acudir á proba inscrita, estas sancións serán responsabilidade de cada atleta.
MOITAS GRAZAS.
Tuesday 24 April 2018
II CLASIFICATORIA Atletismo en pista - XOGADE (domingo 29 abril, Lugo)
Administrador, Tuesday, 24-April-2018 19:01:42 // -

Continúa a tempada de aire libre para as categorías menores da Escola de atletismo e a categoría cadete do club. Nesta ocasión será o domingo 29 de abril coa II CLASIFICATORIA de atletismo en pista de XOGADE, que se disputará en horario de mañá e de tarde nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo. Segue lendo se queres coñecer o horario e as probas!
[ Leer todo... ]
Thursday 19 April 2018
LUCUS en Radio Lugo, CADENA SER
Administrador, Thursday, 19-April-2018 17:49:35 // -
![]() | No día de onte, mércores 18 de abril, o Lucus Caixa Rural Galega falaba de novo na CADENA SER, no espazo deportivo de Radio Lugo. Desta vez o portavoz foi o actual director técnico do club, Iago Núñez Lugilde, para comentar as sensacións de cara ao Campionato de Galicia Absoluto de Clubs, facendo mención tamén á Escola de atletismo e aos resultados acadados na I Clasificatoria do pasado sábado 14 de abril. Se perdiches a entrevista en directo, podes escoitala outra vez no seguinte enlace ou premendo a imaxe posterior (minuto 4:55 ao 8:41) ![]() ![]() |
XX CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE CLUBS (sábado 21 abril en Vigo)
Administrador, Thursday, 19-April-2018 15:53:37 // -

Esta fin de semana o Lucus Caixa Rural Galega estará presente un ano máis cos seus equipos feminino e masculino para disputar o CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE CLUBS ao aire libre, que terá lugar na localidade viguesa o sábado 21 de abril. Coñece os/as atletas que nos representarán, o horario das probas e o plan da viaxe!!
[ Leer todo... ]
Tuesday 17 April 2018
RESULTADOS e IMAXES da 1ª CLASIFICATORIA ATLETISMO EN PISTA (sábado 14 abril, Lugo)
Administrador, Tuesday, 17-April-2018 14:31:39 // -

Fantásticos os resultados acadados polos/as atletas participantes da Escola de Atletismo Lucus Caixa Rural Galega na I CLASIFICATORIA de atletismo en pista, que tivo lugar o pasado sábado 14 de abril nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera, en Lugo. Seguide lendo para coñecelos e ver as imaxes do día que, como non podía ser doutro xeito, inclúen as máis divertidas na EDICIÓN FAILS!
[ Leer todo... ]
Pág./s >>
Categoría de Noticias