Buscar Lucus Caixa Rural Galega
Redes Sociales

 
icon_facebook.jpg icon_insta.jpg icon_twitter.jpg icon_youtube.jpg
INSCRICIÓNS ONLINE
Próximos eventos
INAUGURAMOS BUZÓN DE SUXERENCIAS!!
Administrador, Thursday, 09-November-2017 21:10:49 //


buzn_suxerencias.jpg 

Inauguramos o noso buzón de suxerencias!! Achégate ao local do Club para deixarnos as túas propias ideas e/ou propostas! 

[Se queres saber máis e ver imaxes, preme na noticia]


Unha das cuestións para nós máis importantes sodes vós. O noso obxectivo é poder escoitarvos e, para iso, queremos darvos voz, inaugurando o buzón de suxerencias, dispoñible desde hoxe para os e as atletas da Escola e do Club

Atópase na entrada do local e mediante el poderedes facernos chegar as vosas ideas e propostas para os adestramentos, os vosos intereses e todo aquilo que se vos ocorra coa finalidade de facernos mellorar e ir medrando cada día, tendo en conta as opinións e pensamentos de todas as persoas que constitúen esta nosa comunidade deportiva. 

buznsuxerencias2.jpg
 
buznsuxerencias3.jpg buznsuxerencias4.jpg 

Así que xa sabedes, atletas e familias, animádevos e se tedes algunha suxerencia que poida mellorar o noso funcionamento e desenvolvemento, achegádevos a introducila no buzón.
 

Estaremos encantados de lervos!