Menú Principal
Bienvenido
ESCOLA ATLETISMO 2017/2018
Patrocinador

Institucións colaboradoras
Clubs Asociados
Buscar Lucus Caixa Rural Galega
Redes Sociales
INSCRICIÓNS ONLINE
Próximos eventos
Eventos no próximos
XIV Copa de Clubs de Pista Cuberta en Expourense (7 xaneiro 2018)
Administrador, Friday, 05-January-2018 13:54:33 // -
Total Views

Esta fin de semana terá lugar na recentemente inaugurada Pista Cuberta Expourense unha das citas máis importantes do calendario de pista cuberta a nivel autonómico, a Copa de Galicia de Clubs, na que participará o Lucus Caixa Rural Galega cos seus equipos feminino e masculino, o domingo 7 de xaneiro en xornada de mañá. Segue lendo para coñecer os horarios, os equipos constituídos e toda a información sobre a viaxe.
Como non, un ano máis, o Lucus Caixa Rural Galega formará parte nesta única xornada matutina xunto cos sete mellores equipos do panorama galego, nas categorías feminina e masculina.
Nesta nova pista da provincia ourensá, as nosas e os nosos atletas intentarán, como de costume, aportar o seu máximo rendemento e paixón en cada unha das modalidades nas que participan, dando o mellor de si para conseguir as súas marcas e, quen sabe, acreditar incluso a participación para o Campionato de España nas diversas categorías.
Adxuntamos o HORARIO das distintas probas e os/as atletas que competirán en cada unha delas, nos EQUIPOS feminino e masculino. (Podedes seguir o domingo os resultados en directo desde 👉 aquí).

NOTA IMPORTANTE: Para todas e todos os atletas que constitúan os equipos, sairá un autobús desde a Avda. Rodríguez Mourelo (diante do IES Lucus Augusti, antigo masculino) ás 7:45 horas, parando nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera para coller as pértegas correspondentes e continuar coa viaxe ata Ourense. Logo da competición ao longo da mañá, comerase alí en Ourense e, ao rematar, iniciarase a volta a Lugo no mesmo autobús. Se non o confirmastes todavía, informade se viaxaredes en bus ou en vehículos propios e se quedades a comer o antes posible.
Boa viaxe, que desfrutedes e a dar o mellor de vós!