Menú Principal
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
ESCOLA ATLETISMO 2017/2018
Patrocinador

caixaruralgalega200.jpg
Institucións colaboradoras

concellolugodeportes.png

fundaciondeportegalego.png

deputacinlugodeportes.png
 

Clubs Asociados

edlourenz.png
 
 
clube-de-atletismo-verxel-nutricin-deportiva.jpg
 
club-ourense-atletismo.png
 
club_atletismo_a_gndara3.jpg
 

Buscar Lucus Caixa Rural Galega
Redes Sociales

 icon_facebook.jpg instagram_logo.png twitter_logo2.png youtube_logo.png
INSCRICIÓNS ONLINE

aviso_importante.png
 
Lembrade engadir en OBSERVACIÓNS a vosa marca persoal para cada proba na que realicedes a inscrición, evitando que aparezades inscritos/as sen marca. GRAZAS

inscripcion_boton.png
No hay eventos este mes.

LMMJVSD






1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30





Próximos eventos
Eventos no próximos
RESULTADOS da Copa de Clubs de Pista Cuberta en Expourense (7 xaneiro)
Administrador, Tuesday, 09-January-2018 11:52:54 // -
Total Views Total Views


«O equipo feminino, algo mermado, sae adiante; 
o masculino, cumpre e non deixa de medrar»

copaclubs_resultados.png

O pasado domingo 7 de xaneiro citábanse na nova Pista Cuberta da provincia ourensá os 8 mellores equipos da Comunidade Autónoma de Galicia para disputar a Copa de Clubs e facerse co ansiado título de campión invernal, entre os cales estivo o Lucus Caixa Rural Galega coas categorías feminina e masculina. AQUÍ ESTÁN TODOS OS RESULTADOS!

Na clasificación xeral, o Lucus Caixa Rural Galega conseguiu facerse cun merecido 4º posto, rozando aos tres mellores clasificados, gracias á participación de todas e todos os atletas que trataron de dar o mellor de si nas distintas probas para sumar o maior número de puntos posible, como podedes ver na imaxe posterior.

copaclubs_7ene18_resultados_global.png

O equipo feminino, formado por unha maioría de atletas en idades temperás (cadetes e xuvenís) conseguiu acadar a sétima posición na clasificación das mulleres, a tan só medio punto do sexto clasificado. A descualificación sufrida no relevo non fixo posible engadir ningún punto máis, a pesar da leve vantaxe da que dispoñían ata ese momento e da merecida participación de todo o equipo. A nivel persoal, cabe destacar a nosa atleta Adiaratou Camara, cun gran rexistro de 7.92 na proba de 60 m.l. que suporía o 1º posto, así coma a súa mellor marca persoal. O lanzamento de peso de Alicia González Pose, enviándoo ata os 11.17 metros, posibilitaría que se fixese co 2º posto da proba. Na pértega, superando os 2.90 metros, Raquel Peña Romero engadiría os puntos correspondentes a unha compartida 4º posición, sen esquecer o esforzo e compromiso que amosou a semifondista Inés Blanco Méndez na proba dos 60 metros valados, contribuíndo aos 40.5 puntos finalmente conseguidos.

copaclubs_7ene18_resultados_fem.png
 
O equipo masculino, pola súa parte, finalizaría nunha boa quinta posiciónOs grandes rexistros de Miguel Pérez Vázquez na proba de 60 m.v., cunha marca de 8.53 (preto da mínima absoluta) e de Pablo Modia Rodríguez no salto de lonxitude con 6.93, aportaron a máxima puntuación facéndose cos primeiros postos. Do mesmo xeito fixérono Xavier Esteban Domínguez no salto de altura, cun rexistro de 1.81 e Iago Núñez Lugilde, rexistrando un tempo de 50.80 nos 400m.l., que sumarían unha boa puntuación aos 57 puntos obtidos en total, tras finalizar nuns fantásticos segundos postos. 

copaclubs_7ene18_resultados_masc.png

Tedes aquí os RESULTADOS completos.

resultadosbotn.png 

Noraboa a todas e todos os atletas que representastes ao club nesta xornada formando parte do equipo, BO TRABALLO cheesey.png