Menú Principal
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
ESCOLA ATLETISMO 2017/2018
Patrocinador

caixaruralgalega200.jpg
Institucións colaboradoras

concellolugodeportes.png

fundaciondeportegalego.png

deputacinlugodeportes.png
 

Clubs Asociados

edlourenz.png
 
 
clube-de-atletismo-verxel-nutricin-deportiva.jpg
 
club-ourense-atletismo.png
 
club_atletismo_a_gndara3.jpg
 

Buscar Lucus Caixa Rural Galega
Redes Sociales

 icon_facebook.jpg instagram_logo.png twitter_logo2.png youtube_logo.png
INSCRICIÓNS ONLINE

aviso_importante.png
 
Lembrade engadir en OBSERVACIÓNS a vosa marca persoal para cada proba na que realicedes a inscrición, evitando que aparezades inscritos/as sen marca. GRAZAS

inscripcion_boton.png
Eventos del mes: 4

LMMJVSD

123456
789101113
141516171820
2122232425
28293031


Próximos eventos
CAMPIONATO PROVINCIAL Campo a través (domingo 4 febreiro, Vilalba)
Administrador, Thursday, 01-February-2018 10:22:50 // -
Total Views Total Views


campoatravs_campionatoprovincial_aprazado.png
  
!!! Aprazado o CAMPIONATO PROVINCIAL de Campo a través deste domingo 4 de febreiro en Vilalba para o SÁBADO 10 DE FEBREIRO, no mesmo horario e condicións. Por mor das condicións meteorolóxicas adversas previstas para esta fin de semana en toda a provincia, con risco para a saúde dos/as atletas, segundo comunica o Servizo Provincial de Deportes. Accede á noticia para saber máis.

O próximo SÁBADO 10 de FEBREIRO disputarase o CAMPIONATO PROVINCIAL de Campo a través no Circuíto A Madalena de Vilalba, onde se darán cita os mellores equipos dos clubs lucenses, logo da previa fase Clasificatoria do pasado 27 de xaneiro. Ata alí desprazarase o Lucus Caixa Rural Galega para representar ás súas categorías, desde os/as benxamíns ata as cadetes.
 
De novo, deixámosvos os HORARIOS e CIRCUÍTO de cada categoría (benxamín, alevín, infantil e cadete) e lembramos aspectos importantes de cara á viaxe e á competición:

  • O autobús sairá ás 9:30h diante do IES Lucus Augusti (antigo Instituto Masculino) e a volta será ao remate do Campionato no mesmo lugar. Deberase acudir, polo menos, 15 minutos antes da hora de saída do autobús, para facer reconto e xestionar as prazas dispoñibles. PRÉGASE PUNTUALIDADE.

  • En caso de non acudir, o mesmo día pola mañá informar o antes posible aos monitores/as dos atletas desta situación, así como en caso de viaxar en autobús soamente á ida ou á volta; para evitar imprevistos.

  • Traer imperdibles para a suxeición firme dos dorsais que proporcionará a organización.

  • Vestir a equipación do club ou, no seu defecto, a roupa de adestramento de carácter obrigatorio (camiseta ou sudadeira).

  • Desfrutar da xornada vivindo a carreira con competitividade e, máis importante aínda, con moita diversión e desfrutando desta xornada única.
 
 
CIRCUÍTO E HORARIOS
ctoprovincial_040218_circuitohorario.png


PERCORRIDOS E DISTANCIAS
ctoprovincial_040218_tabla.png
 
 
Vémonos!!