Menú Principal
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
ESCOLA ATLETISMO 2017/2018
Patrocinador

caixaruralgalega200.jpg
Institucións colaboradoras

concellolugodeportes.png

fundaciondeportegalego.png

deputacinlugodeportes.png
 

Clubs Asociados

edlourenz.png
 
 
clube-de-atletismo-verxel-nutricin-deportiva.jpg
 
club-ourense-atletismo.png
 
club_atletismo_a_gndara3.jpg
 

Buscar Lucus Caixa Rural Galega
Redes Sociales

 icon_facebook.jpg instagram_logo.png twitter_logo2.png youtube_logo.png
INSCRICIÓNS ONLINE

aviso_importante.png
 
Lembrade engadir en OBSERVACIÓNS a vosa marca persoal para cada proba na que realicedes a inscrición, evitando que aparezades inscritos/as sen marca. GRAZAS

inscripcion_boton.png
Eventos del mes: 4

LMMJVSD

123456
789101113
141516171820
2122232425
28293031


Próximos eventos
Fin de semana atlética (CTO GALICIA ABSOLUTO DE INVERNO, SUB20 LANZAMENTOS LONGOS e CTO ESPAÑA SUB23 PC)
Administrador, Monday, 12-February-2018 19:02:02 // -
Total Views Total Views


ctogalicialanzamientosinverno.jpgctoespaasub23pc.jpg
 
Fin de semana cargada de actividade atlética, coa celebración en Pontevedra do VII Campionato de Galicia Absoluto de Inverno e o I Campionato sub20 de lanzamentos longos e, a nivel nacional, o XXXIII Campionato de España sub23 na Pista Cuberta "Carlos Gil Pérez" de Salamanca. Entrade para coñecer todos os RESULTADOS e a representación dos nosos e nosas atletas!!

Esta fin de semana maratoniana comezaba desde ás primeiras horas da mañá en Pontevedra, onde tiña lugar o Campionato de Galicia Absoluto de Inverno Campionato sub20 de lanzamentos longos no Estadio da Xuventude. Ata o Centro Galego de Tecnificación desprazáronse sete lanzadores/as do Lucus Caixa Rural Galega, para disputar as probas de martelo, disco e xavelina.
O primeiro dos podios chegaría cun triplete das nosas lanzadoras, que conseguiron acadar os tres primeiros postos da categoría sub20 na proba de martelo. Laura Copa Pardo cun lanzamento de 37.27, María Quiroga Gutiérrez con 31.55 e Antía Novo Sande, cunha marca de 28.17, respectivamente. Na proba de disco, estaría a piques Laura Copa Pardo de subirse novamente ao podio, obtendo un 4º posto por categoría con 24.40

ctogalicialanzamentosinverno_imaxes_2.jpg
ctogalicialanzamentosinverno_imaxes_1.jpg
 © Fotografías: Facebook adestrador.

Na categoría masculina, Raúl Rodríguez Álvarez destacaría no lanzamento de martelo, acadando o 4º posto en categoría absoluta e mellorando a súa marca persoal, con 42.19 metros; proba na que Pablo Sánchez Pérez conseguiría ser subcampeón galego na categoría sub20, cun lanzamento de 20.53m. Xa pola tarde, os atletas da categoría sub20 conseguirían grandes marcas en disco, quedando Pablo Sánchez de 4º cunha marca de 26.78m. e conseguindo o 2º posto Oliver Vázquez López, lanzando aos 30.22 metros; repetindo podio logo de facerse tamén co 3º posto por categoría na proba de xavelina, con 47.20 metros. Sen esquecer ao noso monitor da Escola Iván Rey Lugilde, que aínda que non tivo o mellor día, lanzou o disco aos 35.20 metros, quedando no 9º posto en categoría absoluta.

ctogalicialanzamentosinverno_imaxes_3.jpg
ctogalicialanzamentosinverno_imaxes_4.jpg  
© Fotografías: Facebook adestrador.
  
resultadosbotn.png
  
Tamén o sábado 10 de febreiro e domingo 11 de febreiro disputábase en Salamanca o Campionato de España sub23 en Pista Cuberta, co que se inicia a tempada de Campionatos de España en Pista Cuberta. Ata alí desprazáronse, entre a veintena de atletas galegas e galegos participantes, Iago Núñez Lugilde e Alicia González Pose, representando ao Lucus Caixa Rural Galega neste evento de carácter nacional. 
O primeiro deles, con doble participación, conseguiría rematar os 200m.l. nun tempo de 22.86, preto da súa marca persoal, pero sería na semifinal dos 60m.v. onde lograría mellorala, cun tempo de 8.56, pese a non conseguir un oco na final ao quedar empatado co oitavo posto, sendo o noveno de España. Alicia, pola súa parte, conseguiría converterse na sexta mellor lanzadora de España nesta categoría, cunha marca de 11.00 en lanzamento de peso.
 
ctoespaasub23_imaxe.jpg
 
resultadosbotn.png
  
Noraboa a todos e todas as campionas!!