Menú Principal
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
ESCOLA ATLETISMO 2017/2018
Patrocinador

caixaruralgalega200.jpg
Institucións colaboradoras

concellolugodeportes.png

fundaciondeportegalego.png

deputacinlugodeportes.png
 

Clubs Asociados

edlourenz.png
 
 
clube-de-atletismo-verxel-nutricin-deportiva.jpg
 
club-ourense-atletismo.png
 
club_atletismo_a_gndara3.jpg
 

Buscar Lucus Caixa Rural Galega
Redes Sociales

 icon_facebook.jpg instagram_logo.png twitter_logo2.png youtube_logo.png
INSCRICIÓNS ONLINE

aviso_importante.png
 
Lembrade engadir en OBSERVACIÓNS a vosa marca persoal para cada proba na que realicedes a inscrición, evitando que aparezades inscritos/as sen marca. GRAZAS

inscripcion_boton.png
No hay eventos este mes.

LMMJVSD






1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30





Próximos eventos
Eventos no próximos
CONCENTRACIÓN DE ATLETISMO en MONFORTE (7 e 8 de abril)
Administrador, Friday, 06-April-2018 13:46:05 // -
Total Views Total Views


concentracinmonforte_78abril18.jpg
 
Esta fin de semana de abril a Escola de Atletismo Lucus Caixa Rural Galega levará a cabo a esperada concentración en Monforte de Lemos! Aínda que o tempo non acompañará, por fin podemos confirmar a I CONCENTRACIÓN DE ATLETISMO "LUCUS & FRIENDS", na que se busca visibilizar a disciplina do atletismo na localidade monfortina e a relación cos nosos clubs asociados, desfrutando dunha xornada e experiencia única para os/as nosos/as atletas. Segue lendo para coñecer o plan de viaxe...

Esta concentración está destinada para as categorías alevín e infantil da Escola, e entre as súas actividades contará con diversas sesións de adestramento das distintas modalidades deportivas (carreiras, saltos e lanzamentos) e unha competición onde compartirán espazo cos/as atletas dos clubs asociados e poderán experimentar este tipo de eventos que tanta ilusión, á vez que nervios, lles producen.

Servirá de primeira experiencia para moitos nenos e nenas que nunca quedaron a durmir fóra da casa ningunha noite e, ademais, poderán reforzar as relacións que se dan neste deporte que, aínda que de carácter individual, é desfrutado en equipo; coas xa amigas e amigos que se forman durante os adestramentos diarios.

Ademais da información incluída na plan de viaxe enviada por correo aos asistentes, cómpre recordar as seguintes pautas importantes:

  • Debido ás condicións meteorolóxicas, deberán levar roupa e calzado de cambio para a auga, pois é moi probable que chova e nos mollemos.

  • Para as sesións de adestramento, terán que levar a roupa de adestrar da Escola, así como a equipación de competir correspondente.

  • Terán que traer o dorsal proporcionado polo Lucus na primeira das competicións organizadas polo club (o vermello de CCNorte), así como imperdibles para colocalo na competición do domingo.

  • Acudir, mínimo, 10 minutos antes da saída do autobús (ás 9:00 horas nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera) para organizarse e recoller o custe da actividade, que será de 35€ en concepto de aloxamento, comida e servizo de transporte.
 
NOTA: se alguén que confirmou a súa asistencia non recibiu o correo electrónico co plan de viaxe, facédenolo saber por se houbo algún erro. Gracias.

Coma sempre, estamos á vosa disposición para calquera dúbida que teñades ou cuestión que non se recolla no plan de viaxe. Podedes contactarnos a través do correo electrónico da Escola de Atletismo (escolalucus@gmail.com), nas redes sociais, de forma presencial na oficina do club ou nos tlf. de contacto dos/as monitores/as, para calquera cuestión relacionada con esta concentración.

Vémonos mañá!!