Menú Principal
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
ESCOLA ATLETISMO 2017/2018
Patrocinador

caixaruralgalega200.jpg
Institucións colaboradoras

concellolugodeportes.png

fundaciondeportegalego.png

deputacinlugodeportes.png
 

Clubs Asociados

edlourenz.png
 
 
clube-de-atletismo-verxel-nutricin-deportiva.jpg
 
club-ourense-atletismo.png
 
club_atletismo_a_gndara3.jpg
 

Buscar Lucus Caixa Rural Galega
Redes Sociales

 icon_facebook.jpg instagram_logo.png twitter_logo2.png youtube_logo.png
INSCRICIÓNS ONLINE

aviso_importante.png
 
Lembrade engadir en OBSERVACIÓNS a vosa marca persoal para cada proba na que realicedes a inscrición, evitando que aparezades inscritos/as sen marca. GRAZAS

inscripcion_boton.png
No hay eventos este mes.

LMMJVSD






1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30





Próximos eventos
Eventos no próximos
I CLASIFICATORIA Atletismo en pista - XOGADE (sábado 14 abril, Lugo)
Administrador, Tuesday, 10-April-2018 15:10:50 // -
Total Views Total Views


atletismoenpistaxogade_iclasificatoria140418.jpg
 
Este sábado 14 de abril comezará a tempada de aire libre para os máis pequenos e pequenas do club, coa celebración nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo da I CLASIFICATORIA de atletismo en pista de XOGADE, que se disputará en horario de mañá e de tarde. Segue lendo!

A Escola de Atletismo do Lucus Caixa Rural Galega participará nesta primeira data ao aire libre coas categorías benxamín, alevín e infantil; xornada na que tamén poderá competir a categoría cadete do club, nas distintas probas que se disputarán pola mañá e pola tarde.
 

HORARIO
horario14abril_ma.png
 
horario14abril_tarde.png
 
Como é habitual, lembrade ter en conta os seguintes aspectos importantes de cara a competición:
 
  • Acudir ás pistas, polo menos, 50 minutos antes da hora do inicio da proba.

  • Vestir a equipación de competir do club e traer as zapatillas de cravos, en caso de telas.

  • Levar imperdibles suficientes para colocar de xeito adecuado o dorsal que proporcione a organización.
 

IMPORTANTE: se aínda non respondéstedes ao correo electrónico que se vos enviou para as confirmacións de participación (ou non o recibístedes), facédeo na maior brevidade posible para contar con todos e todas as atletas que queiran participar ou quedarán fóra de prazo para inscribirse.


Calquera dúbida ou cuestión que poidades ter, podedes poñervos en contacto con nós a través do correo electrónico da Escola (escolalucus@gmail.com).
 

Esperámosvos!!