Menú Principal
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
ESCOLA ATLETISMO 2017/2018
Patrocinador

caixaruralgalega200.jpg
Institucións colaboradoras

concellolugodeportes.png

fundaciondeportegalego.png

deputacinlugodeportes.png
 

Clubs Asociados

edlourenz.png
 
 
clube-de-atletismo-verxel-nutricin-deportiva.jpg
 
club-ourense-atletismo.png
 
club_atletismo_a_gndara3.jpg
 

Buscar Lucus Caixa Rural Galega
Redes Sociales

 icon_facebook.jpg instagram_logo.png twitter_logo2.png youtube_logo.png
INSCRICIÓNS ONLINE

aviso_importante.png
 
Lembrade engadir en OBSERVACIÓNS a vosa marca persoal para cada proba na que realicedes a inscrición, evitando que aparezades inscritos/as sen marca. GRAZAS

inscripcion_boton.png
Eventos del mes: 4

LMMJVSD

123456
789101113
141516171820
2122232425
28293031


Próximos eventos
RESULTADOS dos Campionatos de Galicia de clubs SUB16 e SUB20 (5 maio, Oleiros)
Administrador, Tuesday, 08-May-2018 13:11:32 // -
Total Views Total Views


ctogaliciaclubs_cadxun_50518_resultados-.png
 
Xa están aquí os resultados dos CAMPIONATOS DE GALICIA DE CLUBS SUB16 e SUB20 disputados este pasado sábado 5 de maio nas Pistas de Atletismo da Universidade de Coruña, en Bastiagueiro, Oleiros. Seguide lendo para coñecer o que conseguiu facerse co podio!

Para estes campionatos autónomicos o Lucus Caixa Rural Galega presentábase cos seus equipos cadete feminino e xunior nas categorías feminina e masculina.
 
As nosas atletas SUB14 (cadetes) conseguirían rematar a xornada facéndose co 3º posto no podio, logo de acadar un total de catro primeiras posicións nas probas dos 100m.l., cun rexisto de 13.45 por parte de Brenda Lence600 m.l., coa nosa filial Ainara Rodríguez e a súa marca de 1:41.37, batindo a súa mellor marca persoal; lonxitude e triplo salto, estas últimas da man de Carla Mourelle, que conseguiu facer un doblete nas súas MMP e lograr as mínimas para o Campionato de España ao aire libre en ambas as dúas probas. A esta puntuación sumaríanse os segundo e terceiro postos conseguidos nos 3.000 m.l., que Mercedes Vila remataría nun tempo de 11:33.48 e 1.500 obstáculos, proba na que a nosa filial Uxía Salvatierra melloría a súa marca persoal con 5:55.43.; ademais dos restantes logrados nas demais probas, que sumarían un total de 143 puntos, con sabor a subcampionas galegas a tan só un punto da segundo equipo clasificado, o noso filial Ourense Atletismo.
 
ctogaliciaclubs_cadxun_50518imaxes.jpg
ctogaliciaclubs_cadxun_50518imaxes2.jpg
 
En canto á categoría SUB20 (xunior), a categoría feminina e masculina conseguiu mantenerse nun 4º posto no ranking xeral, mentres que a nivel individual rematarían na quinta posición as atletas do equipo feminino e na sétima os do masculino. Santiago Rozas conseguiría sumar a máxima puntuación co seu primeiro posto nos 110 m.v. e un rexistro de 14.98, aos que se engadirían os puntos conseguidos nos tres 2º postos obtidos nas probas dos 3.000 m.l., no que Kevin Darriba faría un rexistro de 9:54.63400 m.v., na que de novo Santiago Rozas participaría e lograría unha marca de 57.73 e xavelina, proba na que Oliver Vázquez faría un mellor lanzamento de 46.20 metros. A puntuación global que conseguiron sería de 94 puntos, moi preto das posicións previas. Nas rapazas a máxima puntuación daríaa o doblete conseguido por Antía Rodríguez, atleta filial que colaborou co Lucus nas probas dos 400m.l., (cunha marca de 1:03.21) e 400 m.v (que remataría con 1:11.67), nas que finalizou na segunda posición; así como os seis terceiros postos conseguidos en distintas probas de velocidade, medio fondo, lanzamentos e o relevo de 4x400, nas que destacaron Adiaratou Camara (con doblete nos 100 m.l. e 200 m.l.), Carlota AnsedeAntía NovoLaura Copa, entre outras, que conseguirían unha puntuación global de 72.5 puntos
 
  
CATEGORÍA SUB14 (CADETE)   CATEGORÍA SUB20 (XUNIOR)
resultadosbotn.png   resultadosbotn.png
 
NORABOA A TODOS OS EQUIPOS!!