Menú Principal
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
ESCOLA ATLETISMO 2017/2018
Patrocinador

caixaruralgalega200.jpg
Institucións colaboradoras

concellolugodeportes.png

fundaciondeportegalego.png

deputacinlugodeportes.png
 

Clubs Asociados

edlourenz.png
 
 
clube-de-atletismo-verxel-nutricin-deportiva.jpg
 
club-ourense-atletismo.png
 
club_atletismo_a_gndara3.jpg
 

Buscar Lucus Caixa Rural Galega
Redes Sociales

 icon_facebook.jpg instagram_logo.png twitter_logo2.png youtube_logo.png
LUCUS SUMMER CAMP

CAMPUS DE VERÁN 2018
lucussummercamp2018_cartel2.png
Escríbenos a escolalucus@gmail.com!
!
INSCRICIÓNS ONLINE

aviso_importante.png
 
Lembrade engadir en OBSERVACIÓNS a vosa marca persoal para cada proba na que realicedes a inscrición, evitando que aparezades inscritos/as sen marca. GRAZAS

inscripcion_boton.png
No hay eventos este mes.

LMMJVSD




123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Próximos eventos
Eventos no próximos
Fin de semana de CAMPIONATOS DE GALICIA (9 e 10 de xuño)
Administrador, Friday, 08-June-2018 19:58:47 // -
Total Views Total Views


ctogaliciaal_sub10sub12sub14_sub20sub23.jpg
 
Fin de semana de competicións autonómicas coa celebración do CAMPIONATO DE GALICIA SUB10, SUB12  e SUB14  o sábado 9 de xuño en Pontevedra e o CAMPIONATO DE GALICIA SUB20 e SUB23 ao día seguinte, o domingo 10 de xuño na localidade coruñesa de Ferrol. Seguide lendo para coñecer as probas, os horarios definitivos e seguir os resultados en directo!!

O encargado de abrir esta fin de semana atlética será o campionato galego para as categorías menores da Escola de Atletismo, que se disputará o sábado 9 de xuño no Estadio da Xuventude do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, na provincia de Pontevedra. Os/as atletas SUB10 (benxamín), SUB12 (alevín) e SUB14 (infantil) terán a súa quenda para experimentar as sensacións dunha competición a nivel autonómico que reúne ás mellores marcas de cada proba, logo do traballo de toda a tempada que dará fin con esta cita ao aire libre. Deixamos pois o horario coas probas que desputarán a trintena de atletas da Escola Lucus Caixa Rural Galega, con representación en todas as categorías, así como información de interese.
 
HORARIO DAS PROBAS
 ctogaliciaal_sub10sub12sub14_horarioma.png
 ctogaliciaal_sub10sub12sub14_horariotarde.png
 
Segue os resultados en directo premendo na imaxe!!
resultadosbotn.png
 👉 Regulamento 👉 Lista de inscricións
  
! Para todas e todos os atletas da Escola sairá un autobús desde as Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (onde adestran) ás 8:00 horas da mañá, polo que deberedes acudir 10 minutos antes xunto cos 5€ para cubrir o transporte, que serán entregados na subida ao bus. A comida está reservada alí, ao ser en xornada de mañá e de tarde, e a volta a Lugo será ao remate da última proba do campionato. Lembrade tamén levar a roupa de competir, imperdibles para a suxeición do dorsal, roupa de cambio debido ás previsións meteorolóxicas e o documento de identidade.
 
 
En canto ao domingo 10 de xuño, a ocasión será para as categorías SUB20 (xunior) e SUB23 (promesa), cuxo campionato galego será na Pista de Atletismo A Malata (Ferrol), en xornada única pola tarde. De novo adxúntase información de interese, o horario definitivo e o enlace para seguir os resultados en directo.
 
  
  
MOITO ÉXITO A TODOS/AS!!