Redes Sociales

 
icon_facebook.jpg icon_insta.jpg icon_twitter.jpg icon_youtube.jpg
INSCRICIÓNS ONLINE
No hay eventos este mes.

LMMJVSD




123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Próximos eventos
Eventos no próximos
Historia

HISTORIA DO CLUB



CREACIÓN


O Club Lucus Decathlón créase o dezasete de xullo de 1984, ante o Notario Don Mario-Alfonso Calvo Alonso, do Colexio de A Coruña, con residencia en Lugo, como consta na "Acta Fundacional de Constitución dunha Sociedade Deportiva", o fin exclusivo da cal é fomentar e practicar actividades físicas e deportivas sen ánimo de lucro.

Neste primeiro momento de vida do Club a Xunta Fundacional era a seguinte:

Presidente:D. Jesús de la Torre Cruz
Vicepresidente:D. Mario Gromaz Mazoy
Secretario:D. Faustino Carballal López
Tesoureiro:D. Antonio Puente García
Vocais:D. Daniel Aguilar González
D. Manuel Salgado Ferreiro
Director Técnico:D. Fidel Vázquez Miguelez

O primeiro patrocinador do Club foi o Banco Simeón.

CONMEMORACIÓN 25 ANIVERSARIO - 2.009


O vídeo que se realizou coa conmemoración do 25 aniverasrio do club, no ano 2009. Agora está disponible en YouTube.

Aquí tedes a 1ª parte:


E a 2ª parte:




HISTORIA


O Club Lucus Decathlón fúndase o dezasete de Xullo de 1984.

O 21 de Decembro de 1987 prodúcese unha asemblea xeneral extraordinaria do Club, na cal a Xunta Fundacional presenta a súa dimisión con carácter irrevogable, realizándose á súa vez a presentación da primeira Xunta Directiva, co relevo na presidencia. D. Jesús de la Torre Cruz por D. Manuel Teijeiro Valledor. A nova Xunta Directiva estaba formada polos seguintes membros:

Presidente:D. Manuel Teijeiro Valledor
Vicepresidente:D. Carlos Campo Andión
Secretario:D. Javier Feijoo Suárez
Tesoureiro:D. Juan J. Tejedor Mata
Vocais:D. Daniel Aguilar González
D. Ángel Calle Mañas
D. Manuel Núñez Torrón
D. Antonio Taboada Cancelo
D. José M. Pardo Penelo
Medios de comunicación:D. Quique Iglesias Casas
Representante de atletas:D. José M. Pérez Arias
Director Técnico:D. Fidel Vázquez Miguelez

Ademais do cambio de Xunta Directiva, produciríase o cambio de patrocinador, pasando a selo a Caixa Rural de Lugo, o apoio do cal segue nestes días. Despois deste cambio de Directiva, téñense producido pequenas modificacións nos compoñentes da mesma.

O 18 de Febreiro de 1998, o domicilio social do club pasa a estar situado na Rúa Río Sil 37-39, entr. coa Xunta Directiva composta nese momento por:

Presidente:D. Manuel Teijeiro Valledor
Secretario:D. Juan J. Tejedor Mata
Tesoureiro:D. Javier Feijo Suárez
Vocal, Delegado:D. Jesús González Margaride
Vocal, Prensa:D. Daniel Aguilar Morán

E coa Xunta Directiva formada polos membros:

Presidente:D. Manuel Teijeiro Valledor
Secretario:D. Juan J. Tejedor Mata
Tesoureiro:D. Javier Feijo Suárez
Delegado:D. Eustorgio Martín Teijeiro
Vocal:D. Daniel Aguilar Morán

Prodúcese un cambio no nome do club. En homenaxe ó primeiro club de atletismo de Lugo, este pasa a chamarse San Fernando Lucus Caixa Rural Galega.

Esta xunta, coa incorporación de Adolfo Vila Feijoo como Director Técnico, seguiría ata Xaneiro de 2007, momento en que o presidente, nunha asemblea extraordinaria, convoca eleccións, as que non se presenta. Nas mesmas é elixido presidente José Manuel Traseira Meilán, que nomea a seguinte Xunta Directiva:

Presidente:D. José Manuel Traseira Meilán
Secretario:D. José Manuel Merino López
Tesoureiro:D. Xosé Xabier Díaz Fernández
Director técnico:D. Adolfo Vila Feijoo
Vocais:D. Alberto Campo Díaz
Dña. Iria María Neira Fraga
D. Germán Alonso Barreiro
D. José Pablo Franco López
D. Raúl Rodríguez Viña

No ano 2006 o club toma a decisión de participar activamente na formación desde o deporte escolar coa creación da Escola de Atletismo do Lucus.

Na tempada 2.007-2.008, por primeria vez o clube participa nunha fase do Campionato de España de Clubes en pista ao aire libre, nesta primeira ocasión sería co equipo cadete feminino e a competición disputouse en setembro do 2.008 en León.

Na tempada 2.009-2.010, e baixo a normativa da RFEA, o clube fai clubes asociados ao Polideportivo Casás de Lugo e o Coruña Comarca.

O equipo participa por primeira vez na fase final de ascenso a 1ª división do Campionato de España de Clubes en pista ao aire libre co seu equipo feminino, disputando o encontro final o 13 de xuño do 2.010 en Salamanca.

Ademáis volvería a participar nas fases do Campionato de España de Clubes en pista cos equipos, presentado por primeira vez tres equipos nas categorías cadete feminino (Burgos), cadete masculino (Zaragoza) e xunior feminino, disputándose esta fase en Lugo, o 9 de outubro do 2.010, baixo a organización do clube.

Destacar a clasificación para a final do equipo cadete masculino, que lograría en Zaragoza o 7º posto final, o 23 de outubro do 2.010.

Na tempada 2.010-2.011, renóvase a colaboración co Coruña Comarca na categoría feminina e engádese ao Atletismo Narón tamén en categoría feminina. En canto a categoría masculino, decídese facerse filiais do Atletismo Narón.

Volvese a participar na fase final de ascenso a 1ª división do Campionato de España de Clubes en pista ao aire libre co seu equipo feminino, disputando o encontro o 12 de xuño do 2.011 en Burgos, cunha gran actuación acadan o 3º posto. A final de tempada este resultado e a renuncia dun equipo a participar na 1ª división, a RFEA ofrece o ascenso o club, o cal acepta o reto para a seguinte tempada.

A tempada 2.011-2.012 é a primeira tempada na que o clube participará na 1ª división do Campionato de España de Clubes, co seu equipo feminino.

De novo contarase como clubes filiais na categoría feminina ao Coruña Comarca e o Afflelou Narón, ademáis incorpórase ao equipo A Gándara de Monforte e fírmanse acordos de colaboración co Colexio Maristas de Lugo. En categoría masculina volvesé a ser filial do Afflelou Narón.


PATROCINADORES


O primeiro patrocinador do club foi o Banco Simeón.

Posteriormente foi a empresa lucense Hijos de Castro Parga, S.L y Castro Parga, S.L..

O 3 de Febreiro de 1989, reúnense Don Arcadio López Lens, Director Xeral da Caixa Rural de Lugo, e Don Manuel Teijeiro Valledor, Presidente do Club Lucus Decathlón para a realización do contrato de esponsorización e patrocinio que faría a Caixa Rural de Lugo.

Este acordo vense renovando ano tras ano e neste momento, despois de vinte anos, segue sendo o noso patrocinador principal.


caixaruralgalega.jpg


O CLUB NA TVG


No ano 2.011, dentro do programa realizado pola Federación Galega de Atletismo "Citius Altius Fortius", na emisión nº 29 de dito programa dedícase un espacio ao noso clube. Mostramo aquí un estracto do mesmo: