Redes Sociales

 
icon_facebook.jpg icon_insta.jpg icon_twitter.jpg icon_youtube.jpg
INSCRICIÓNS ONLINE
No hay eventos este mes.

LMMJVSD




123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Próximos eventos
Eventos no próximos
Información Escola

INFORMACIÓN DE INTERÉS SOBRE A ESCOLA

 

¿QUEN SOMOS?


Somos unha escola base de iniciación ao atletismo integrada no club Lucus Caixa Rural Galega, que é o club de atletismo máis antigo da provincia de Lugo, con máis de 30 anos de existencia e que dispón dun plantel de adestradores e atletas de recoñecido prestixio.
 
 
A Escola de Atletismo do Lucus está composta por:
- Directores: Miguel Pérez e Pablo Modia.
- Monitores: Pablo Modia, Miguel Pérez, Silvia Albuquerque, Iván Rey e Esteban Iglesia. 
 
 

¿POR QUE ATLETISMO?

 
- É unha combinación de modalidades (correr, saltar e lanzar) que permite unha iniciación deportiva global, e na que todos os nenos e nenas teñen cabida.
- Fomenta a creación de hábitos saudables.
- Aporta a riqueza do deporte individual e dá a posibilidade de practicalo en equipo.
 

OBXECTIVOS DA ESCOLA

 
- Educar a través do atletismo.
- Adquirir unhas habilidades psicomotrices xerais de base.
- Aprender as técnicas básicas do atletismo, evitando a especialización prematura así como criterios de adestramento para o rendemento óptimo.
- Participación en competicións escolares de campo a través, pista (cuberta e aire libre).
 

TEMPADA 2017-2018



IDADES

 
Nenos e nenas nados do 2005 ata o 2012.

DURACIÓN


- Duración do curso 2017/2018: do venres 15 de setembro a finais de xuño.

GRUPOS


- Para a presente tempada 2017-2018, faránse os seguintes grupos de adestramento:
- Grupo Prebenxamín (2011-2012), Benxamín (2009-2010).
- Grupo Alevín (2007-2008).
- Grupo Infantil (2005-2006)

HORARIOS E LUGARES

 
  • Martes:
Lugar: Pistas Universitarias Estadio Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras)

Grupo Alevín (2007-2008) e Infantil (2005-2006): de 18:00 a 19:30
  • Mércores:
Lugar: Pistas Universitarias Estadio Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras)

Grupo Prebenxamín (2011-2012), Benxamín (2009-2010): de 18:00 a 19:00
 

  • Xoves:
Lugar: Pistas Universitarias Estadio Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras)

Grupo Infantil (2005-2006): de 18:00 a 19:30  
         Venres:
Lugar: Pistas Universitarias Estadio Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras)

Grupo Prebenxamín, benxamín: 18:00 a 19:00
Grupo Alevín  e infantil: 18:00 a 19:30.....

Luns:Lugar: Pistas Universitarias Estadio Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras) (Dende outubro) De 18:00 a 19:00. Este día queda reservado para todos @s atletas que, por diferentes motivos estean imposibilitados a acudir algún día dos que lles corresponda. En ningún caso é un día de reforzo.

Recoméndase levar sempre ás pistas calzado deportivo de recambio, xa que utilizaremos o módulo de atletismo cando a meteoroloxia nolo esixa  e témolo que facer con calzado diferente o da rúa (É UNHA NORMA DO CONCELLO).

COTA ANUAL CURSO 2017/18 

 
  • Sen material: - 150€.
  • No caso de dous irmáns: - 270€.
  • No caso de tres: - 300€.
  • Pódese pagar a cota enteira, ou dividila  nunha primeira (60%) cota de 90€ no primeiro caso, se son 2 irmáns unha primeira cota de 162€, e se son 3 irmáns unha primeira cota de 180€.
 
É obrigatorio que leven equipación do club: camiseta (7€) e sudadeira (18€). Se queredes máis material (mochila, parka, chuvasqueiro, saco...) seredes informados dos prezos.  O club proporcionará a equipación de competición en réxime de préstamo previo abono dunha fianza de 20€ que será devolta no mes de xuño de 2018 coa entrega da roupa prestada.
  • A cota ingresaráse ao comezo da tempada na conta bancaria do CLUB LUCUS, da entidade Caixa Rural Galega nº: ES86 3070 0001 2111 3726 5623, indicando en CONCEPTO: NOME COMPLETO DO NEN@. (cota total ou ben 1º pago)
  • A segunda cota (40%) quedaría domiciliada e sería pasada a cobro a principios do mes de febreiro de 2018.

 Nesta cota está incluído un seguro de accidentes.

(Nas viaxes en autobús para as competicións, cada atleta abonará 5 € por desprazamento, para poder cubrir gastos. Os cartos entregaránse ao monitor encargado no momento da subida ao bus.)


 

INSCRICIÓN


- Formulario inscripcion: Ficha inscripción
 
 

INFORMACIÓN


- Local social club Lucus Caixa Rural Galega. Estadio Gregorio Perez Rivera Pistas "As Pedreiras" os martes e venres de 18 a 21 h.
- No mail: escola@atletismolucus.org

escola1.jpgescola2.jpg
 escola3.jpg escola4.jpg