PROTOCOLO DE ACCIDENTES DEPORTIVOS

Lémbrase que, en caso de accidentes deportivos que requiran de atención médica, ben sexa nos adestramentos ou durante as competicións, o PROTOCOLO DE ACTUACIÓN deberá ser o seguinte.

É MOI IMPORTANTE o seguimento estricto destas pautas pois, en caso contario, non quedará cuberta polo seguro a atención médica recibida e deberá correr cos gastos sanitarios ocasionados o/a afectado/a.

En caso de URXENCIA VITAL, acudir ao centro médico máis próximo e comunicarllo inmediatamente a calquera dos responsables do Club (monitores/as da Escola, adestradores ou persoas a cargo nese momento), que tramitarán os documentos necesarios coa aseguradora. Os hospitais cubertos polo seguro son:

  • Hospital POLUSA. Rúa Doutor Iglesias Otero, s/n, 27004, Lugo.
  • Sanatorio Privado NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES. Rúa Montevideo, 23, 27001, Lugo.

 

En caso de NON URXENCIA VITAL, poñerse en contacto inmediato con calquera dos responsables do Club (monitores/as da Escola, adestradores ou persoas a cargo nese momento) antes de acudir a ningún lugar. Eles/as contactarán coa aseguradora e trasladarán as instruccións que esta indique, informando do centro médico ao que se debe acudir para recibir a atención sanitaria que proceda.

Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email