«FORMANDO ATLETAS, FORMANDO PERSOAS»

CLUB ATLETISMO LUCUS
CAIXA RURAL GALEGA

Facendo, ensinando e amando o atletismo dende o ano 1984 na capital lucense.

PROTOCOLO DE ACCIDENTES DEPORTIVOS

Lémbrase que, en caso de accidentes deportivos que requiran de atención médica, ben sexa nos adestramentos ou durante as competicións, o PROTOCOLO DE ACTUACIÓN deberá ser o seguinte.

É MOI IMPORTANTE o seguimento estricto destas pautas pois, en caso contario, non quedará cuberta polo seguro a atención médica recibida e deberá correr cos gastos sanitarios ocasionados o/a afectado/a.

warning

ATLETAS ATA OS 16 ANOS

Compañía aseguradora: SURNE.

Responsable: XOGADE.

ATLETAS A PARTIR DOS 16 ANOS

Compañía aseguradora: ALLIANZ.

Responsable: Federación Galega de Atletismo (FGA). 

MÁIS INFORMACIÓN

PÓLIZA ACCIDENTES
2025

PROTECCIÓN DE MENORES

Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte

O principal obxectivo é garantir un espazo seguro e libre de violencias, promovendo unha contorna de respecto e bo trato que implique a todas e todos os integrantes do Club.