Facendo, ensinando e amando o atletismo dende o ano 1984 na capital lucense.
A escola base de iniciación ao atletismo integrada no LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, o club sen ánimo de lucro máis antigo de Lugo e dos máis antigos de Galicia, con máis de 40 anos de experiencia, do que formaron parte moitos adestradores e atletas de recoñecido prestixio na nosa localidade.
Na actualidade, participamos activamente na formación técnico-deportiva e en valores desde a idade escolar, cun equipo composto por adestradores, monitores especializados e atletas destacados no ámbito do atletismo vinculados ao Club.
Dos 5 aos 12 anos (nenos/as do 2021 a 2014), cumpridos o ano natural en que comeza a tempada.
Comeza o martes 8 de setembro de 2026 e remata o venres 18 de xuño de 2027, incluídos*.
*Os días festivos, vacacións escolares e días non lectivos, non hai adestramentos.
Organízanse por categorías, en función da idade dos/as atletas.
Os adestramentos teñen lugar nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da piscina As Pedreiras), nos seguintes días e horas:
| LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | |
| 18:00-19:00h | - | SUB-8*
SUB-10* |
SUB-8*
SUB-10* |
SUB-8*
SUB-10* |
SUB-8*
SUB-10* |
| 18:00-19:30h | - | SUB-12*
SUB-14 |
SUB-12*
SUB-14 |
SUB-12*
SUB-14 |
SUB-12*
SUB-14 |
| *As categorías SUB-8, SUB-10 e SUB-12 deben escoller ata 3 días/semana e indicalo no formulario de inscrición online. En caso de non indicar días, asignarase o grupo con menor número de atletas nese momento. | |||||
As familias poden acceder á instalación pola entrada principal e agardar ata que os/as atletas estean cos/as monitores/as do grupo, procurando non bloquear as zonas de entrada e saída aos demais usuarios da instalación. Os días de choiva, poden agardar nas zonas cubertas ou nas gradas habilitadas.
De acordo coa normativa da instalación, non está permitido o acceso e permanencia nas zonas de adestramento (pista exterior e módulo cuberto), pero si poden acceder á zona das gradas dentro da pista deportiva.
Para formalizar a inscrición na Escola de Atletismo, só tes que cubrir o formulario online «Inscrición», dispoñible aquí ou na opción posterior, con carácter previo á asistencia.
Se é a primeira vez ou prefires probar sen compromiso antes de inscribirte, podes cubrir o impreso de proba gratuíta dispoñible aquí ou na opción «Proba gratuíta», que deberás enviar por correo electrónico a escola@atletismolucus.org ou entregar de xeito presencial o primeiro día de adestramento.
Por cuestións de seguridade, ningún atleta poderá participar nos adestramentos sen ter presentado calquera dos dous impresos previamente, co fin de dispoñer dos datos de contacto da persoa responsable en caso de necesidade, dispoñibles nos seguintes enlaces.
A reserva de praza está dispoñible ata o luns 7 de setembro de 2026. O importe descóntase do pago da matrícula.
E aproveita os descontos de ata o 50% na inscrición para os dous.
A cota por tempada inclúe matrícula anual e adestramentos mensuais, con descontos especiais para familias.
| Cota estándar |
|
| Cota especial (2 irmáns) |
|
| Cota especial (3 irmáns) |
|
QUE ESTÁ INCLUÍDO NAS COTAS?
NON ESTÁ INCLUÍDO:
× Equipamento obrigatorio para os adestramentos e actividades da Escola (camiseta e suadoiro).
× Equipamento oficial de competición da Escola (dispoñible baixo préstamo).
COMO SE REALIZA O PAGO?
O cobro das cotas realízase a través de Cluber mediante pago con tarxeta e prográmase desde o Club. O primeiro mes abónase a matrícula, os seguintes meses cárgase automaticamente a cota de adestramentos (inicio do mes). Tamén está dispoñible o pago único por tempada, seleccionando esta opción no apartado «Cota» do formulario de inscrición online, así como outras facilidades de pago en situacións particulares (consultar na oficina).
As novas altas que se realicen durante a tempada deben abonar o importe da matrícula o primeiro mes, os seguintes meses cargarase automaticamente a cota de adestramentos que corresponda (inicio do mes). Tamén está dispoñible o pago único por tempada, seleccionando esta opción no apartado «Cota» do formulario de inscrición online.
Será obrigatorio dispoñer do equipamento básico da Escola de Atletismo (camiseta + suadoiro) para acudir aos adestramentos, competicións e calquera outra actividade vinculada ao Club. Se non o tes, podes pasar pola oficina en horario de atención para comprar e probar as tallas, ou reservalo previamente online no enlace.
Para mercar material adicional (mochila, anorak, chuvasqueiro, saco, chándal, etc.) podes consultar os prezos na oficina de Club ou en calquera momento por correo electrónico ou WhatsApp.
Nas competicións que teñan lugar ao longo da tempada, o Club proporcionará a roupa de competir para os/as atletas en réxime de préstamo, previo abono dunha fianza de 40€ que será devolta coa entrega do equipamento deportivo, ao remate da tempada da Escola de Atletismo.
É recomendable que acudan sempre ás pistas con calzado deportivo de recambio para cando os adestramentos teñan lugar no módulo cuberto de atletismo, pois é obrigatorio entrar á instalación con calzado diferente ao da rúa (é unha NORMA DO CONCELLO).
IMPORTANTE: Recoméndase traer sempre unha mochila con roupa de cambio (especialmente os días de choiva), pois a maioría dos adestramentos teñen lugar ao aire libre; así como unha botella de auga persoal para hidratarse durante a actividade.
Se tes algunha dúbida ou consulta, podes poñerte en contacto con nós a través do enderezo electrónico escola@atletismolucus.org, WhatsApp (664 321 302) ou visitarnos na oficina do Club situada nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da Piscina As Pedreiras) en horario de atención (consulta aquí).
© Lucus Caixa Rural Galega | Diseño web: zerozero.pro
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e con fins analíticos. Pulsa “Aceptar” se aceptas o seu uso. Podes xestionar as preferencias en calquera momento. Consulta a Política de cookies.