Facendo, ensinando e amando o atletismo dende o ano 1984 na capital lucense.
Non esquezas indicar en «Observacións» a túa mellor marca da proba na que te inscribas, xunto coa data e o lugar onde se rexistrou, especialmente no caso de inscricións en Campionatos de Galicia e de España, competicións con límite de participación de atletas ou para a asignación das distintas series. GRAZAS.
INSCRICIÓNS – Será responsabilidade de cada atleta o pago da inscrición nas competicións que así o esixa a Federación Galega de Atletismo ou entidade organizadora; agás nos campionatos autonómicos e nacionais, que asumirá este importe o Club.
BAIXAS / RENUNCIAS – Será responsabilidade de cada atleta a comunicación da súa baixa ou renuncia á Federación Galega de Atletismo ou correo da entidade organizadora, con copia da mensaxe ao Club (info@atletismolucus.org), en caso de que se tramite a súa inscrición e, finalmente, non participe. De non comunicalo nas condicións que se recollan no regulamento da competición, o/a atleta asumirá a sanción correspondente e o importe da inscrición, de ser o caso.
DESPRAZAMENTOS – Será responsabilidade de cada atleta solicitar o transporte ao Club cando así o precise para acudir aos campionatos de carácter autonómico ou nacional (ben marcando a casilla «Transporte» no momento da inscrición ou enviando unha mensaxe ao e-mail ou teléfono de contacto aquí). O Club non asumirá gastos de desprazamento por conta propia de ningún atleta cando se proporcionase un medio de transporte alternativo.
Consulta en «Inscricións» as competicións dispoñibles e información de interese sobre as probas (regulamento, horario, resultados, etc.). Se desexas inscribirte nalgunha competición, cubre o formulario habilitado en «Inscribirme», sempre respectando o prazo, ou contacta co Club.
E-mail Club: info@atletismolucus.org
E-mail Escola: escola@atletismolucus.org
WhatsApp: 664 321 302
Nos seguintes enlaces podes consultar o calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo (FGA) e a Real Federación Española de Atletismo (RFEA).
| DATA | DATA LÍMITE | COMPETICIÓN | PREZO | NORMATIVA | INSCRICIÓN | LISTADO INSCRITOS |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 28/03/2026 | 22 de marzo, 2026 | Series Provinciais Ourense - 1ª Xornada (O Pereiro de Aguiar) | 0 € | Información | Inscrición pechada | Consulta |
| 29/03/2026 | 22 de marzo, 2026 | C. GALICIA 5 KM EN RUTA (Oroso, A Coruña) | 0 € | Información | Inscrición pechada | Consulta |
| 05/04/2026 | 29 de marzo, 2026 | C. GALICIA 10.000 E 5.000 METROS - SUB18 A MÁSTER (Cervo) | 0 € | Información | Consulta | |
| 05/04/2026 | 29 de marzo, 2026 | 4€ – Control FGA 5/04 (Cervo) II Encontro Cantábrico › Pago online | 4 € | Información | Consulta | |
| 11/04/2026 | 29 de marzo, 2026 | C. ESPAÑA RUTA (MEDIO MARATÓN ABS E MÁSTER, 5KM E MILLA ABS) - Mérida | 0 € | Información | Consulta | |
| 12/04/2026 | 05 de abril, 2026 | C. GALICIA MILLA E 1KM EN RUTA (Redondela) | 0 € | Información | Consulta | |
| 12/04/2026 | 05 de abril, 2026 | III Trofeo Gus Dacal (Pontevedra) | 0 € | Información | Consulta | |
| 18/04/2026 | 12 de abril, 2026 | Circuíto Galego Marcha Atlética - 3ª Xornada (O Pereiro de Aguiar) | 0 € | Información | Consulta | |
| 18/04/2026 | 11 de abril, 2026 | I Trofeo Germán González (O Pereiro de Aguiar) | 0 € | Información | Consulta | |
| 18/04/2026 | 05 de abril, 2026 | CRITERIUM DE PROBAS COMBINADAS AL (Pontevedra) | 0 € | Información | Consulta | |
| 06/05/2026 | 30 de abril, 2026 | Trofeo Boa Vila (Pontevedra) | 0 € | Información | Consulta | |
| 09/05/2026 | 26 de abril, 2026 | C. ESPAÑA 10.000 E 5.000 METROS (Mahón) | 0 € | Información | Consulta | |
| 23/05/2026 | 10 de mayo, 2026 | C. ESPAÑA MÁSTER MILLA EN RUTA (Sarón) | 0 € | Información | Consulta |
ENLACES DE INTERESE
© Lucus Caixa Rural Galega | Diseño web: zerozero.pro