Un ano máis, desde o Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, coa colaboración da Deputación e o Concello de Lugo, continuamos co labor de achegar o deporte ao centro da cidade co «V SALTAR NA RÚA» e a «II MILLA URBANA» para despedir o San Froilán. Será o sábado 11 de outubro de 2025 en xornada de mañá, na Praza Horta do Seminario (Avda. Ramón Ferreiro) en Lugo.

 
A partir das 12:00 horas – «V SALTAR NA RÚA»
Experimenta un auténtico foso de area no centro de Lugo, onde atletas do Club que compiten a nivel galego e nacional farán unha exhibición da súa especialidade. A continuación, todos os menores que o desexen poderán participar e vivir a experiencia en primeira persoa.

> Inscrición gratuíta en CCNorte: accede aquí 
> Atletas ata SUB18 (ano de nacemento 2008 e posteriores)

 
A partir das 12:30 horas – «II MILLA URBANA CLUB ATLETISMO LUCUS»
Con carreiras para todas as idades (atletas federados ou sen licenza), unha Milla POPULAR con inscrición aberta e unha Milla ELITE con atletas referentes do atletismo que compiten no máis alto nivel.
> Inscrición aberta en CCNorte: accede aquí

> Atletas de SUB8 a MÁSTER 
> Inscrición reducida ata o martes 7 de outubro ás 23:59 horas

INSCRICIÓN ATLETAS CLUB: a inscrición para atletas do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA é de 1€ en todas as categorías.

Se as edicións anteriores quedaches con ganas de participar… este ano, máis que nunca, A ACTIVIDADE É PARA VÓS! 

 

LEMBRA …
📆  Sábado 11 de outubro de 2025
⌛A partir das 12:00 horas 
📍 Praza Horta do Seminario, Lugo (Avda. Ramón Ferreiro)
📲  Inscricións abertas en CCNorte (accede aquí)
 
 
Máis información no regulamento da proba.

AGARDÁMOSVOS!

Este ano é para ti. INSCRÍBETE e participa!

INSCRICIÓNS EN CCNORTE

Atletas do Lucus Caixa Rural Galega - 1€ (carreira)