Facendo, ensinando e amando o atletismo dende o ano 1984 na capital lucense.

Información – Club

QUEN SOMOS?

CLUB ATLETISMO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, o club sen ánimo de lucro máis antigo da provincia de Lugo e dos máis antigos de Galicia, creado no ano 1984 co único obxectivo de fomentar a práctica de atletismo na capital lucense. Vimos de cumprir 40 anos de experiencia cun equipo do que formaron parte moitos adestradores e atletas de recoñecido prestixio, e que actualmente continúa a labor de formación e especialización achegando o deporte na nosa localidade.

POR QUE ATLETISMO?

TEMPADA 2025 (1 xaneiro a 31 decembro 2025)

ATLETAS

Desde a categoría SUB16 ata MÁSTER

GRUPOS

O noso Club dispón dos seguintes grupos e adestradores para atender ás distintas especialidades do atletismo, organizados por sectores ou probas.

HORARIOS E LUGARES

Os adestramentos teñen lugar nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da piscina As Pedreiras) e nas inmediacións da instalación deportiva.

Os horarios varían en función de cada grupo (podes consultalos no apartado anterior «Grupos»). Polo xeral, adoitan ser de luns a venres en horario de tarde e/ou sábados en horario de mañá. Recoméndase consultar co adestrador responsable de cada grupo específico para obter máis información.

COTA ANUAL DO CLUB 1 xaneiro a 31 decembro 2025

CATEGORÍAS COTA ESTÁNDAR CLUB
  • Categoría SUB16 a SUB20 (atletas 2011 a 2006) 
135€
  • Categoría SUB23 a MÁSTER (atletas 2005 e anteriores) 
150€
Posibilidade de pago único ou fraccionado en ata tres prazos (primeiro prazo do 50%). 

NOTA: estarán exentos/as de pago da cota anual do Club os/as atletas con dereitos de formación ou que quedasen entre os dez primeiros postos do ránking nacional na tempada anterior (2024); a excepción da categoría Máster.

COMO SE REALIZA O PAGO? 

Para efectuar o pago da cota anual, están dispoñibles as seguintes opcións:

O primeiro pago realizarase no mes de decembro ou no momento de tramitar a ALTA ou RENOVACIÓN co Club. En caso de pago fraccionado, o primeiro prazo (50%) cargarase no momento de tramitar a ALTA ou RENOVACIÓN co Club, o segundo e/ou terceiro prazo cargarase automaticamente no método de pago seleccionado no mes e/ou meses seguintes. Exemplo: para un pago en tres prazos, o primeiro cargo realízase en decembro; o segundo, en xaneiro e o terceiro e último, en febreiro. 

! Os novos e novas atletas deben adquirir obrigatoriamente o chándal oficial do Club, que INCLÚE a equipación oficial de competición (camiseta/top + pantalón/malla/braga) e unha camiseta técnica de adestramento para as NOVAS ALTAS no Club. Podes realizar a reserva de talla e a compra desde «Reserva online» ou na oficina do Club, en horario de atención (consulta aquí).

warning

COTA REDUCIDA ÚLTIMO CUADRIMESTRE de 2024

Para as persoas que se incorporen ao Club no último cuadrimestre da tempada en vigor (de setembro a decembro de 2024), existe unha cota reducida que permite adestrar baixo a cobertura do seguro deportivo e competir os últimos meses do ano (licenza válida ata o 31 de decembro de 2024).

CATEGORÍAS COTA REDUCIDA CLUB
  • Atletas do ano 2011 *
  • Categoría SUB16 (2010-2009) 
  • Categoría SUB18 (2008-2007)
  • Categoría SUB20 (2006-2005)
35€
  • Categoría SUB23 (2004-2002)
  • Categoría SENIOR (2001-1990)
  • Categoría MÁSTER (35+ anos)
50€
* Os atletas do ano 2011 que se incorporen ao Club no último cuadrimestre da tempada en vigor terán a consideración de atletas SUB16 a efectos de adestramento e organización, sempre que non teñan licenza federativa por outro Club de atletismo a presente tempada (2024). 

QUE INCLÚE A COTA REDUCIDA?

NON ESTÁ INCLUÍDO:

× Chándal oficial e equipación de competir do Club.

! Os novos e novas atletas deben adquirir obrigatoriamente o chándal oficial do Club, que INCLÚE a equipación oficial de competición (camiseta/top + pantalón/malla/braga) e unha camiseta técnica de adestramento para as NOVAS ALTAS no Club. Podes realizar a reserva de talla e a compra desde «Reserva online» ou na oficina do Club, en horario de atención (consulta aquí).

warning

ALTA E RENOVACIÓN DE ATLETAS

A alta ou renovación de atletas realizarase a través da plataforma CLUBERcubrindo o formulario do Club en ➤ «Inscricións».

(Tempada 2025)

En caso de atletas que procedan do estranxeiro, terán que engadir no formulario de inscrición (ou enviar por correo electrónico a info@atletismolucus.org) a seguinte documentación adicional:

IMPORTANTE: o prazo recomendado para a renovación (ou alta) de licenzas da TEMPADA 2025 será ata o 18 de decembro de 2024, pero estará dispoñible en calquera momento do ano de xeito excepcional esta tempada. A Federación non aplicará recargos por renovación fóra de prazo debido á implementación da nova plataforma Call Room, aínda que se recomenda respectar o prazo para facilitar o proceso de xestión de licenzas. 

warning

RECOMENDACIÓNS

Recoméndase acudir sempre ás pistas con calzado deportivo de recambio para cando os adestramentos teñan lugar no módulo cuberto de atletismo, pois é obrigatorio entrar á instalación con calzado diferente ao da rúa (é unha NORMA DO CONCELLO). Tamén é recomendable levar sempre na mochila roupa de cambio (especialmente os días de choiva), pois a maioría dos adestramentos teñen lugar ao aire libre; así como auga para hidratarse durante a actividade.

CONTACTO

Se tes algunha dúbida ou precisas máis información, podes poñerte en contacto con nós a través do enderezo electrónico info@atletismolucus.org, WhatsApp (664 321 302) ou visitarnos na oficina do Club situada nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da Piscina As Pedreiras) en horario de atención (consulta aquí).