Información – Club

QUEN SOMOS?

.O club de atletismo máis antigo da provincia de Lugo, creado no ano 1984 co único obxectivo de fomentar a práctica de actividades físicas e deportivas na capital lucense. Con máis de 37 anos de experiencia, o LUCUS CAIXA RURAL GALEGA dispón dun equipo de adestradores e atletas de recoñecido prestixio.

 

POR QUE ATLETISMO?

  • É unha combinación de modalidades (correr, saltar e lanzar) que permite unha iniciación deportiva global e na que todas as persoas teñen cabida.
  • Fomenta a creación de hábitos de vida saudables.
  • Aporta a riqueza dun deporte individual, como é o atletismo,  coa práctica colectiva e o sentimento de equipo.

 

TEMPADA 2022 (1 xaneiro a 31 decembro 2022)

ATLETAS

Desde a categoría SUB16 ata MÁSTER

  • Categoría SUB16 (antiga cadete): atletas do 2008 e 2007.
  • Categoría SUB18 (antiga xuvenil): 2006 e 2005.
  • Categoría SUB20 (antiga xunior): 2004 e 2003.
  • Categoría SUB23 (antiga promesa): 2002, 2001 e 2000.
  • Categoría SENIOR: 1999 e anteriores.
  • Categoría MÁSTER (antiga veterán): desde o día en que se cumpren os 35 anos (incluído).

 

GRUPOS

O noso Club dispón dos seguintes grupos e adestradores para atender a totalidade das probas que constitúen o atletismo, organizados por modalidades.

  • Grupo de probas combinadas: Miguel Pérez, Pablo Modia e Iván Rey.
    • Adestramentos: luns, martes, mércores, xoves e venres de 19:00 a 20:30/21:00 horas.
  • Grupo de medio fondo e fondo: atletas de Mariano Castiñeira Vilaseca. 
  • Grupo de valados: Pablo Gandoy López.
  • Grupo de saltos (altura): Germán Alonso Barreiro.
  • Grupo de saltos (pértega): Rubén Arroxo Fernández.
  • Grupo de lanzamentos: Eustorgio Martín Teijeiro.

 

HORARIOS E LUGARES

Os adestramentos teñen lugar nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da piscina As Pedreiras) e, polo xeral, adoitan ser en horario de tarde, de luns a sábado; aínda que dependen de cada grupo de adestramento e están suxeitos ás condicións do adestrador correspondente.

 

COTA ANUAL DO CLUB

  • Cota estándar: 100€ 
  • Chándal oficial do Club (INCLÚE camiseta técnica + equipación de competir para NOVOS/AS ATLETAS)

Deberán ingresarse nun único pago mediante transferencia bancaria ao número de conta do Club (ES86 3070 0001 2111 3726 5623) indicando en CONCEPTO: NOME COMPLETO ATLETA, ou abonarse en efectivo/tarxeta na oficina do Club en horario de atención.

Os novos e novas atletas deberán adquirir obrigatoriamente o chándal oficial do Club e ingresar este importe ao mesmo número de conta, indicando en CONCEPTO: CHÁNDAL + NOME COMPLETO ATLETA.

NOTA: estarán exentos/as de pago da cota anual do Club os/as atletas con dereitos de formación ou que, na tempada anterior, quedasen entre os dez primeiros postos do ránking nacional; a excepción da categoría Máster.

 

DOCUMENTACIÓN PARA A ALTA E RENOVACIÓN DE ATLETAS

  • Impreso da ficha de inscrición do Club e declaración responsable COVID-19. (➤ aquí).
  • Adxuntar o xustificante do pago da cota anual (100€).
  • Tarxeta de residente e certificado de empadroamento (SÓ ATLETAS DO ESTRANXEIRO).

 

IMPORTANTE: o prazo máximo para o seu trámite será do 15 de novembro ao 5 de decembro de 2021. Fóra dese prazo, será responsabilidade de cada atleta abonar os recargos que aplique a Federación.

 

COTA REDUCIDA [ ! ]  NOVIDADE 

Para as persoas que se incorporen ao Club no último cuadrimestre da tempada en vigor (de setembro a decembro), existe unha cota reducida en función das distintas categorías:

CATEGORÍAS COTA REDUCIDA CLUB
  • Atletas do ano 2009 *
  • Categoría SUB16 (2008-2007) 
  • Categoría SUB18 (2006-2005)
  • Categoría SUB20 (2004-2003)
35€
  • Categoría SUB23 (2002-2000)
  • Categoría SENIOR (1999-1988)
  • Categoría MÁSTER (35+ anos)
50€
* Os atletas do ano 2009 que se incorporen ao Club no último cuadrimestre da tempada en vigor, terán a consideración de atletas SUB16 a efectos de adestramento e organización, sempre que non teñan licenza federativa por outro Club de atletismo a presente tempada. 

 

O importe da cota reducida INCLÚE:

  • Licenza federativa autonómica (de setembro a decembro de 2022).
  • Seguro deportivo de accidentes.
  • Camiseta técnica de adestramento.
  • Inscrición en competicións federadas de tipo autonómico.
  • Acceso ás instalacións deportivas e ao material do Club.

 

Os novos e novas atletas que non teñan a equipación do Club, deberán adquirir obrigatoriamente o chándal oficial, que INCLÚE a roupa de competir (camiseta/top + pantalón/malla/braga) para NOVOS/AS ATLETAS. Pódese reservar e mercar directamente desde o seguinte enlace ou na oficina do Club, en horario de atención ao público (consúltao aquí).

 

CONTACTO

Podes atoparnos no local do Club situado nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (Piscina As Pedreiras) ou contactando con nós a través do noso enderezo electrónico atletismolucus@yahoo.es.

 

ESTAMOS DESEXANDO COÑECERTE!!

Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email