IMPORTANTE: non esquezas engadir en «Observacións» a túa mellor marca persoal da(s) proba(s) na(s) que te inscribes, xunto coa data e o lugar onde se rexistrou, especialmente para as inscricións en Campionatos autonómicos, nacionais e competicións con límite de participación de atletas. GRAZAS.
INSCRICIÓNS – Será responsabilidade de cada atleta o pago da inscrición nas competicións que así o esixa a Federación Galega de Atletismo ou entidade organizadora; agás nos campionatos autonómicos e nacionais, que asumirá este importe o Club.
BAIXAS / RENUNCIAS – Será responsabilidade de cada atleta a comunicación da súa baixa ou renuncia á Federación Galega de Atletismo ou correo da entidade organizadora, con copia da mensaxe ao Club (info@atletismolucus.org), en caso de que se tramite a súa inscrición e, finalmente, non participe. De non comunicalo nas condicións que se recollan no regulamento da competición, o/a atleta asumirá a sanción correspondente e o importe da inscrición, de ser o caso.
DESPRAZAMENTOS – Será responsabilidade de cada atleta solicitar o transporte ao Club cando así o precise para acudir aos campionatos de carácter autonómico ou nacional (ben marcando a casilla «Necesito transporte» no momento da inscrición ou enviando unha mensaxe ao e-mail ou teléfono de contacto aquí). O Club non asumirá os gastos de desprazamento por conta propia dos/as atletas cando se proporcionase un medio de transporte alternativo.
Consulta en «Inscricións» as competicións dispoñibles e información de interese sobre as probas (regulamento, horario, resultados, etc.). Se desexas inscribirte nalgunha competición, cubre o formulario dispoñible en «Inscribirme» respectando o prazo ou contacta co Club a través de e-mail, Cluber ou WhatsApp.
E-mail Club: info@atletismolucus.org
E-mail Escola: escolalucus@gmail.com
WhatsApp: 664 321 302
Nos seguintes enlaces podes consultar o calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo (FGA) e a Real Federación Española de Atletismo (RFEA).
AVISO: parece que o erro no formulario coas contas de Yahoo/Hotmail foi corrixido e xa recibimos as mensaxes correctamente. Se tes dúbidas ou non podes inscribirte nalgunha proba, comunica a inscrición ao Club ANTES da data límite da proba a través de WhatsApp (664 321 302) ou e-mail (info@atletismolucus.org) indicando a(s) proba(s) e os datos do/a atleta.
Ao final da páxina podes consultar as inscricións tramitadas polo Club.
DATA | DATA LÍMITE | COMPETICIÓN | PREZO | NORMATIVA | INSCRICIÓN | LISTADO INSCRITOS |
---|---|---|---|---|---|---|
21 de febrero, 2025 | 09 de febrero, 2025 | C. ESPAÑA ABSOLUTO PISTA CURTA (Madrid) | 0 € | Información | Inscrición pechada | |
22 de febrero, 2025 | 16 de febrero, 2025 | C. GALICIA SUB16 PISTA CURTA (Ourense) | 0 € | Información | Inscrición pechada | |
23 de febrero, 2025 | 16 de febrero, 2025 | Xornada Atletismo Concello de Lugo SUB10/12/14 | 0 € | Información | Inscrición pechada | |
28 de febrero, 2025 | 16 de febrero, 2025 | C. ESPAÑA MÁSTER PISTA CURTA (Antequera) | 0 € | Información | Inscrición pechada | |
28 de febrero, 2025 | 16 de febrero, 2025 | C. ESPAÑA LANZAMENTOS LONGOS SUB16-Absoluto (Castellón) | 0 € | Información | Inscrición pechada | |
01 de marzo, 2025 | 16 de febrero, 2025 | C. ESPAÑA SUB18 PISTA CURTA (Valencia) | 0 € | Información | Inscrición pechada | |
08 de marzo, 2025 | 23 de febrero, 2025 | C. ESPAÑA SUB20 PISTA CURTA (Salamanca) | 0 € | Información | ||
09 de marzo, 2025 | 23 de febrero, 2025 | C. ESPAÑA 10 KM RUTA ABSOLUTO E MÁSTER (Bilbao) | 0 € | Información | ||
09 de marzo, 2025 | 23 de febrero, 2025 | C. ESPAÑA MARCHA EN RUTA SUB16 A MÁSTER (Marín) | 0 € | Información | ||
15 de marzo, 2025 | 02 de marzo, 2025 | C. ESPAÑA SUB16 PISTA CURTA (Ourense) | 0 € | Información | ||
16 de marzo, 2025 | 02 de marzo, 2025 | C. ESPAÑA MARATÓN ABSOLUTO E MÁSTER (Barcelona) | 0 € | Información |
INSTITUCIÓNS COLABORADORAS
© Lucus Caixa Rural Galega | Diseño web: zerozero.pro