Facendo, ensinando e amando o atletismo dende o ano 1984 na capital lucense.
IMPORTANTE: non esquezas engadir en «Observacións» a túa mellor marca persoal da(s) proba(s) na(s) que te inscribes, xunto coa data e o lugar onde se rexistrou, especialmente para as inscricións en Campionatos autonómicos, nacionais e competicións con límite de participación de atletas. GRAZAS.
INSCRICIÓNS – Será responsabilidade de cada atleta o pago da inscrición nas competicións que así o esixa a Federación Galega de Atletismo ou entidade organizadora; agás nos campionatos autonómicos e nacionais, que asumirá este importe o Club.
BAIXAS / RENUNCIAS – Será responsabilidade de cada atleta a comunicación da súa baixa ou renuncia á Federación Galega de Atletismo ou correo da entidade organizadora, con copia da mensaxe ao Club (info@atletismolucus.org), en caso de que se tramite a súa inscrición e, finalmente, non participe. De non comunicalo nas condicións que se recollan no regulamento da competición, o/a atleta asumirá a sanción correspondente e o importe da inscrición, de ser o caso.
DESPRAZAMENTOS – Será responsabilidade de cada atleta solicitar o transporte ao Club cando así o precise para acudir aos campionatos de carácter autonómico ou nacional (ben marcando a casilla «Transporte» no momento da inscrición ou enviando unha mensaxe ao e-mail ou teléfono de contacto aquí). O Club non asumirá os gastos de desprazamento por conta propia dos/as atletas cando se proporcionase un medio de transporte alternativo.
Consulta en «Inscricións» as competicións dispoñibles e información de interese sobre as probas (regulamento, horario, resultados, etc.). Se desexas inscribirte nalgunha competición, cubre o formulario habilitado en «Inscribirme», sempre respectando o prazo, ou contacta co Club.
E-mail Club: info@atletismolucus.org
E-mail Escola: escola@atletismolucus.org
WhatsApp: 664 321 302
Nos seguintes enlaces podes consultar o calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo (FGA) e a Real Federación Española de Atletismo (RFEA).
| DATA | DATA LÍMITE | COMPETICIÓN | PREZO | NORMATIVA | INSCRICIÓN | LISTADO INSCRITOS |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 19/12/2025 | 13 de diciembre, 2025 | III Control AVA en Pista Curta (Vigo) | 0 € | Información | Inscrición pechada | Consulta |
| 20/12/2025 | 12 de diciembre, 2025 | Trofeo Solidario Nadal Celta Atletismo (Vigo) | 0 € | Información | Inscrición pechada | Consulta |
| 27/12/2025 | 17 de diciembre, 2025 | CRITERIUM DE PROBAS COMBINADAS EN PISTA CURTA (Ourense) | 0 € | Información | Inscrición pechada | Consulta |
| 27/12/2025 | 21 de diciembre, 2025 | 4€ - Control FGA PC 27/12 TARDE (Ourense) › Pago online | 4 € | Información | Consulta | |
| 27/12/2025 | 21 de diciembre, 2025 | 4€ - Control FGA PC 27/12 MAÑÁ (Ourense) › Pago online | 4 € | Información | Consulta | |
| 27/12/2025 | 21 de diciembre, 2025 | III Trofeo J. L. Torrado, Festa HQR! Rías Baixas (Pontevedra) | 0 € | Información | Consulta | |
| 28/12/2025 | 21 de diciembre, 2025 | 4€ - Control FGA PC 28/12 MAÑÁ (Ourense) › Pago online | 4 € | Información | Consulta | |
| 28/12/2025 | 21 de diciembre, 2025 | II Trofeo Marcha en Ruta (Ames) | 0 € | Información | Consulta | |
| 03/01/2026 | 28 de diciembre, 2025 | C. GALICIA CAMPO A TRAVÉS INDIVIDUAL E CLUBS SUB16-ABSOLUTO (A Rúa, Ourense) | 0 € | Información | Consulta | |
| 03/01/2026 | 27 de diciembre, 2025 | 4€ - Trofeo + Deporte La Región PC (Ourense) › Pago online | 4 € | Información | Consulta | |
| 04/01/2026 | 22 de diciembre, 2025 | 4€ - Control Marcas Inverno CAR (Ourense) › Pago efectivo alí | 4 € | Información | Consulta | |
| 05/01/2026 | 28 de diciembre, 2025 | Torneo de Reis - Gran Premio Jim Sports (Pontevedra) | 0 € | Información | Consulta |
ENLACES DE INTERESE
© Lucus Caixa Rural Galega | Diseño web: zerozero.pro