
No afán por minimizar no posible o gasto ás familias e de conseguir apoio para levar a cabo a actividade do Club, vimos de asinar un convenio de colaboración con GABA ENERGÍA, o novo socio patrocinador do CLUB ATLETISMO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, que se suma aos que nos veñen apoiando desde hai anos como o patrocinador principal Caixa Rural Galega, Monbus ou o Grupo Leite Río, entre outros.
Un dobre beneficio. Por un lado, un aforro directo cada mes na factura da luz dos vosos fogares, oficinas ou negocios, aplicable a todas as persoas vinculadas ao Club e a todas aquelas que veñan da vosa parte.
E, por outro, apoiar a actividade do Club ao que pertencedes, tan necesario para seguir garantindo un mellor servizo para vós, atletas e familias, e continuar achegando o atletismo na nosa localidade; que ao final é o único que nos move.
É tan sinxelo como enviarnos a vosa última factura da luz (se tedes varios puntos de luz, podedes enviar o último recibo de todos eles).
Nós remitirémola a GABA ENERGÍA para que realicen unha proposta de aforro segundo as vosas necesidades, de carácter orientativo e sen compromiso, que recibiredes no e-mail de contacto facilitado.
Se vos interesa a proposta, podedes confirmar o cambio a GABA ENERGÍA respondendo á mensaxe e eles encárganse do trámite.
Se non vos interesa, quedades coa información e non tedes que facer nada máis.
Podemos asegurarvos que varios membros da directiva e do Club levamos máis dun ano nesta compañía e o aforro mensual é real. GABA ENERGÍA destaca por ofrecer prezos competitivos e sen permanencia, polo que podedes probar libremente e cancelar cando queirades, se xa non vos interesa.
Se queres saber máis sobre GABA ENERGÍA, a corrente alternativa, visita a súa web desde ⇲ aquí ou coñece o que poderías estar aforrando só por ser do Club, facendo clic na imaxe.

POR INFORMARVOS NON PERDEDES NADA, ANIMÁDEVOS!
© Lucus Caixa Rural Galega | Diseño web: zerozero.pro