«FORMANDO ATLETAS, FORMANDO PERSOAS»

CLUB ATLETISMO LUCUS
CAIXA RURAL GALEGA

Facendo, ensinando e amando o atletismo dende o ano 1984 na capital lucense.

COLABORA CO CLUB

Esta tempada impulsamos unha campaña solidaria para axudar a cubrir os gastos esenciais da actividade deportiva, como desprazamentos a Campionatos de España, formación de base e renovación do material necesario para adestrar en óptimas condicións.

Grazas á Fundación Amare Terra e o proxecto Terra Move, as aportacións realizadas poden beneficiarse dos incentivos fiscais da Lei 49/2002, co dereito a deducir ata o 80% do importe íntegro da doazón, segundo o caso.

Exemplo práctico:

No caso de persoas físicas e o IRPF

Doazón anual250€
Deducción fiscal-200€ (80%)
Custo total doazón50€

Máis información das deduccións no ⇲ enlace.

Anímaste a formar parte activa do Club?
Todo suma, todo conta.

CLUB ATLETISMO LUCUS

O club sen ánimo de lucro máis antigo de Lugo e un dos pioneiros de Galicia.

Experiencia

Fundado en 1984, levamos máis de 40 anos achegando o atletismo á poboación lucense.

FORMACIÓN DEPORTIVA

Como base para o desenvolvemento integral e o benestar persoal.

Valores

Apostamos polo deporte para desenvolver habilidades de esforzo, superación e equipo.

COMPROMISO

Acompañamos no proceso para a igualdade de oportunidades.

Equipo

Traballamos para que cada atleta poida alcanzar os obxectivos, facilitando os recursos dispoñibles.