IMPORTANTE: non esquezas engadir en «Observacións» a túa mellor marca persoal da(s) proba(s) na(s) que te inscribes, xunto coa data e o lugar onde se rexistrou, especialmente para as inscricións en Campionatos autonómicos, nacionais e competicións con límite de participación de atletas. GRAZAS.
INSCRICIÓNS – Será responsabilidade de cada atleta o pago da inscrición nas competicións que así o esixa a Federación Galega de Atletismo ou entidade organizadora; agás nos campionatos autonómicos e nacionais, que asumirá este importe o Club.
BAIXAS / RENUNCIAS – Será responsabilidade de cada atleta a comunicación da súa baixa ou renuncia á Federación Galega de Atletismo ou correo da entidade organizadora (competicion@atletismo.gal ou organizador), con copia da mensaxe ao Club (atletismolucus@yahoo.es), en caso de que se tramite a súa inscrición e, finalmente, non participe. De non comunicalo nas condicións que se recollan no regulamento da competición, o/a atleta asumirá a sanción correspondente e o importe da inscrición, de ser o caso.
DESPRAZAMENTOS – Será responsabilidade de cada atleta solicitar o transporte ao Club cando así o precise para acudir aos campionatos de carácter autonómico ou nacional (ben marcando a casilla «Necesito transporte» no momento da inscrición ou enviando unha mensaxe ao e-mail ou teléfono de contacto aquí). O Club non asumirá os gastos de desprazamento dos/as atletas que se despracen pola súa conta cando se proporcionase outro medio de transporte alternativo.
Consulta en «Inscricións» as competicións dispoñibles e información de interese sobre as probas (regulamento, horario, resultados, etc.). Se desexas inscribirte nalgunha competición, cubre o formulario dispoñible en «Inscribirme» respectando o prazo ou contacta co Club a través de e-mail, Cluber ou WhatsApp.
E-mail Club: atletismolucus@yahoo.es.
E-mail Escola: escolalucus@gmail.com.
WhatsApp: 664 321 302
Nos seguintes enlaces podes consultar o calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo (FGA) e a Real Federación Española de Atletismo (RFEA).
DATA | DATA LÍMITE | COMPETICIÓN | PREZO | NORMATIVA | INSCRICIÓN |
---|---|---|---|---|---|
16 de noviembre, 2024 | 10 de noviembre, 2024 | C. GALICIA MARCHA PISTA INVERNO (Pontevedra) | 0 € | Información | |
16 de noviembre, 2024 | 11 de noviembre, 2024 | 4ª Xornada Serie Municipal 2024 (Vigo) | 0 € | Información | |
17 de noviembre, 2024 | 07 de noviembre, 2024 | Cross Internacional de Itálica (Santiponce - Sevilla) | 0 € | Información | Inscrición pechada |
24 de noviembre, 2024 | 17 de noviembre, 2024 | C. GALICIA MEDIO MARATÓN (Vilagarcía de Arousa) | 0 € | Información | |
08 de diciembre, 2024 | 24 de noviembre, 2024 | C. ESPAÑA MARCHA PROMOCIÓN (Castro Urdiales) | 0 € | Información |