LIGA DE CLUBS 2ª DIVISIÓN (domingo 17 xuño, Durango)

Este domingo 17 de xuño estase a disputar en Durango a LIGA DE CLUBS DE 2ª DIVISIÓN en xornada de mañá, cita nacional que reúne aos mellores de España nesta categoría e onde os nosos equipos feminino e masculino están a loitar por mellorar as súas marcas e conseguir o ascenso como Club. Coñece ao elenco de atletas do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA aquí!

Onte pola tarde saían de Lugo os nosos equipos feminino e masculino cara Durango, a localidade onde se está a disputar esta gran cita do panorama nacional ao longo de mañá; oportunidade para moitas e moitos dos nosos atletas de experimentar esta competición a un maior nivel e de mellorar as súas marcas persoais nesta recta final da tempada ao Aire Libre.

Nos seguintes enlaces podedes coñecer a representación lucense en cada unha das probas, así como seguir os resultados en directo ao longo da xornada.

👉 Equipo feminino 👉 Equipo masculino
ESTAMOS CON VÓS, EQUIPO!!