Información sobre protección de datos

RESPONSABLE

QUEN É O RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS?

·Identidade: CLUB DE ATLETISMO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA

Enderezo: Estadio de Atletismo Gregorio Pérez Rivera. Avenida Filarmónica Lucense, 3, 27002, Lugo.

Teléfono: 664 32 13 02 

E-mail Club: atletismolucus@yahoo.es

E-mail Escola: escolalucus@gmail.com

 

FINALIDADE

CON QUE FINALIDADE TRATAMOS OS SEUS DATOS PERSOAIS?
  • Se formas parte do Club ou da Escola de Atletismo:

Tratamos a información que nos facilitan os titulares dos datos, ou os seus representantes legais, para xestionar a relación co Club, a tramitación da licencia deportiva e a participación nas actividades xestionadas polo Club, así como competicións ou Campionatos.

  • Se te anotaches ao Campus de Verán:

Tratamos a información que nos facilitan os titulares dos datos, ou os seus representantes legais, para a tramitación e participación no Campus de Verán e as actividades que se leven a cabo.

  • Se accedes ás instalacións:

Realizarase un control de temperatura no momento do acceso ás instalacións a través dun sistema de termo-vixilancia (termómetro infravermello sen contacto), co fin de conter a propagación da COVID-19.

 

CONSERVACIÓN

POR CANTO TEMPO CONSERVAREMOS OS SEUS DATOS?

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación co Club e non se solicite a súa supresión por parte da persoa interesada; tendo en conta os prazos previstos pola lexislación  respecto á prescripción de responsabilidades.

Os datos de control de temperatura non serán conservados.

 

LEXITIMACIÓN

Baseámonos na execución do servizo a prestar e nalgúns casos no consentimento da persoa interesada, como por exemplo para o uso das imaxes e/ou o envío de información relativa á actividade do Club.

Para o control da temperatura, baseámonos nas medidas preventivas sanitarias que teñen que adoptar as entidades para garantir a protección de todos/as os/as traballadores/as, tendo en conta tanto os riscos do persoal propio como das contratas presentes no centro de traballo.

 

DESTINATARIOS

A QUE DESTINATARIOS SE COMUNICARÁN OS SEUS DATOS?

Poderán cederse ou comunicarse os seus datos a:

  • Federación Galega de Atletismo, para tramitar a licenza deportiva autonómica.
  • Federación Española de Atletismo, para tramitar a licenza  deportiva nacional.
  • Asesoría, coa finalidade de prestar o servizo de xestión e asesoramento fiscal e contable.
  • Organizadores de competicións, para o correcto control e funcionamento da competición.
  • Aseguradoras, co fin da xestión do seguro deportivo.
  • Empresa de informática, coa finalidade do mantemento de aplicacións e sistemas informáticos.

De igual xeito, poderán ter coñecemento dos seus datos persoais calquera centro médico en caso de urxencia médica.

 

DEREITOS

CALES SON OS SEUS DEREITOS CANDO NOS FACILITA OS SEUS DATOS?

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se no CLUB DE ATLETISMO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA estamos tratando datos persoais que lles concernan, ou non.

Ten dereito a solicitar o acceso aos datos persoais relativos á persoa interesada, a súa rectificación ou supresión, a limitación do seu tratamento, opoñerse ao tratamento e á portabilidade dos seus datos.

Informámoslle que ten dereito a retirar o consentimento que nos teña outorgado nalgunha finalidade específica. Ademais, poderá poñer calquera reclamación ante a Agencia Española de Protección de Datos ou outra autoridade de Control.

Pode exercer os seus dereitos de Protección de Datos por escrito en Estadio de Atletismo Gregorio Pérez Rivera, Avda. Filarmónica Lucense, 3, 27002, Lugo.

 

PROCEDENCIA

Os datos foron obtidos directamente da persoa interesada ou do seu representante legal, empregándose as seguintes categorías:

  • De identificación: nome e apelidos, NIF, dirección postal, teléfonos, enderezo electrónico, data de nacemento, imaxe.
  • De identificación do/a responsable legal: nome e apelidos, NIF, grao de parentesco.
  • Datos de saúde: alerxias e/ou intolerancias, control de temperatura.
  • Datos bancarios: para a domiciliación de pago.
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email