COVID-19 | MEDIDAS PARA A PRÁCTICA DE ATLETISMO

Aquí atoparás a información vinculada á práctica da actividade deportiva federada no contexto actual da COVID-19, actualizada segundo as últimas publicacións que se recollan no Diario Oficial de Galicia e outros órganos institucionais vencellados ao atletismo no Concello de Lugo.

(Última actualización: 21 abril 2022)

[modificacións en azul]

ÍNDICE

▸ Restricións xerais para Galicia

▸ Obrigas xerais para a prevención de contaxio

▸ Medidas xerais para a prevención de contaxio

▸ Medidas específicas para a actividade deportiva federada

          ▹ Adestramentos, competicións, uso de máscara

          ▹ Desprazamentos


▸RESTRICIÓNS XERAIS PARA GALICIA

    • As persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado nos 14 días anteriores en territorios cunha alta incidencia da COVID-19 deben comunicar, no prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, os datos de contacto e de estadía na Comunidade Autónoma de Galicia; na forma establecida na Orde do 27 de xullo de 2020. Así mesmo, deben respectar as limitacións e cumprir as medidas sanitarias vixentes en cada momento. 

 

▸OBRIGAS XERAIS PARA A PREVENCIÓN DE CONTAXIO

    • Todas e todos os cidadáns deben cumprir o deber de cautela e protección ante a COVID-19, adoptando as medidas necesarias para evitar os riscos de propagación do virus, así como a propia exposición aos riscos.
    • Toda persoa que experimente algún dos síntomas compatibles coa COVID-19 (febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos) ou presente un resultado positivo nun test de autodiagnóstico, debe seguir as recomendacións preventivas para casos sospeitosos da COVID-19. Podes atopalas ➩ aquí.
    • Toda persoa que teña coñecemento de ser un contacto estreito dun caso positivo da COVID-19, debe seguir as recomendacións preventivas para contactos estreitos dunha persoa coa COVID-19. Podes atopalas ➩ aquí.

 

▸MEDIDAS XERAIS PARA A PREVENCIÓN DE CONTAXIO

    • Recoméndase o cumprimento das medidas de seguridade e hixiene establecidas co fin de reducir o risco de contaxio, isto é:
      • Mantemento da distancia de seguridade interpersoal de, polo menos, 1’5 metros (en movemento, esta distancia debe ser superior).
      • Uso responsable de máscara na interacción coas demais persoas cando non poida manterse a distancia de seguridade interpersoal durante un período de tempo prolongado, cando se trate de persoas especialmente vulnerables (maiores de 60 anos, persoas con condicións de alto risco e mulleres embarazadas) e sobre todo nos casos confirmados e sospeitosos de COVID-19, así como os contactos estreitos destes casos; xunto coas demais medidas de prevención (hixiene de mans, ventilación en espazos pechados, evitar aglomeracións de persoas, etc.)
      • Utilización de xel hidroalcohólico ou desinfectante equivalente con carácter previo e posterior á entrada no local do Club. As persoas con alta intolerancia a calquera dos produtos de desinfección, poden lavar as mans con auga e xabón nos aseos habilitados
        da instalación deportiva.
      • Utilización de desinfectante con carácter previo e posterior ao uso do material deportivo, especialmente aquel que se comparta durante os adestramentos.
      • Tras a limpeza, os materiais empregados para a desinfección (papel, guantes) desbotaranse de xeito seguro na papeleira.

Na entrada do local do Club, está habilitada unha zona con produtos de hixiene e desinfección á vosa disposición, co fin de garantir a protección e seguridade de todos/as.

 

▸MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA A ACTIVIDADE DEPORTIVA FEDERADA

          ▹ADESTRAMENTOS, COMPETICIÓNS, USO DA MÁSCARA

 

          ▹DESPRAZAMENTOS
    • Transporte en AUTOBÚS:
      • O uso responsable de máscara é obrigatorio para todas as persoas durante a viaxe, debido ás condicións específicas no interior do transporte (espazo reducido con concentración de persoas, distancia interpersoal limitada, necesidade de maior ventilación, etc), como así recolle o Real Decreto 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso das máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
      • Pódese ocupar a totalidade dos asentos, procurando manter a máxima separación entre as persoas usuarias cando o nivel de ocupación o permita.
      • Cando a duración do traxecto sexa inferior a dúas horas, evitarase consumir alimentos no interior do vehículo e, na medida do posible, consumir bebidas, conversar ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes.
      • Evitaranse conductas como levantarse, interactuar, berrar, compartir obxectos, tocar superficies comúns e calquera outra conducta que poida xerar un risco de contaxio ou transmisión do virus.
      • Procurarase a máxima ventilación do vehículo, así como a hixiene correcta e frecuente de mans co xel hidroalcólico con carácter previo e posterior ao acceso ao transporte.

 

Tes máis dúbidas? Atopas algunha información incorrecta? Escríbenos a atletismolucus@yahoo.es para que poidamos actualizalo na maior brevidade posible.

Moitas grazas pola túa colaboración!

Normativa de referencia:

Real Decreto 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso das mascaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19

Lexislación consolidada relativa ao contexto COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Documentos e protocolos de interese:

➩ Consejo Superior de Deportes. Protocolo de actuación para la vuelta de competiciones oficiales de ámbito estatal y carácter no profesional (Temporada 2020-2021).

➩ RFEA. Protocolo de refuerzo RFEA «Guía de actuación y recomendaciones para la organización de competiciones«.

Xunta de Galicia – Secretaría Xeral para o Deporte. Guía simplificada das medidas preventivas para facer fronte ao risco de contaxio pola Covid-19 de aplicación ao Deporte Galego. Actualizado o 20 de abril de 2022.

➩ Xunta de Galicia – Secretaría Xeral para o Deporte. Protocolo Fisicovid-Dxtgalego polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia

➩ Federación Galega de Atletismo. Protocolo Fisicovid-Dxtgalego polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia.

 

Máis información de interese:

Servizo Galego de Saúde – Xunta de Galicia – Normativa autonómica relativa á COVID-19.

RFEA – Información relativa á COVID-19, fases da desescalada, dúbidas, etc.

RFEA – Normativa e protocolos para a organización de competicións.

FGA – Información relativa á COVID-19, normativa e protocolos para a práctica de atletismo.

 

SIGAMOS ACTUANDO CON #RESPONSABILIDADE