PROTOCOLO DE ACCIDENTES DEPORTIVOS

Lémbrase que, en caso de accidentes deportivos que requiran de atención médica, ben sexa nos adestramentos ou durante as competicións, o PROTOCOLO DE ACTUACIÓN deberá ser o seguinte.

É MOI IMPORTANTE o seguimento estricto destas pautas pois, en caso contario, non quedará cuberta polo seguro a atención médica recibida e deberá correr cos gastos sanitarios ocasionados o/a afectado/a.

En caso de URXENCIA VITAL, acudir ao centro médico máis próximo e comunicarllo inmediatamente a calquera dos responsables do Club (monitores/as da Escola, adestradores ou persoas a cargo nese momento), que tramitarán os documentos necesarios coa aseguradora. Os hospitais cubertos polo seguro son:

  • Hospital Ribera Polusa. Rúa Doutor Iglesias Otero, s/n, 27004, Lugo.
  • Hospital Quirónsalud Lugo (antigo Sanatorio Privado NSOG). Rúa Montevideo, 23, 27001, Lugo.

 

En caso de NON URXENCIA VITAL, poñerse en contacto inmediato con calquera dos responsables do Club (monitores/as da Escola, adestradores ou persoas a cargo nese momento) antes de acudir a ningún lugar. Eles/as contactarán coa aseguradora e trasladarán as instrucións que esta indique, informando do centro médico ao que se debe acudir para recibir a atención sanitaria que proceda.

De non ser posible o contacto coa persoa responsable do Club, seguir os pasos que se indican para cubrir o parte de accidente e cumprir estritamente as instrucións que vos traslade a aseguradora correspondente. POR FAVOR, SEGUIDE ESTRICTAMENTE AS INSTRUCIÓNS DO PROTOCOLO

  • ATLETAS ATA OS 16 ANOS 

Compañía aseguradora: SURNE. Responsable: XOGADE. 

PROTOCOLO → aquí. RESUMO → aquí.

 

  • ATLETAS CON MÁIS DE 16 ANOS 

Compañía aseguradora: MAPFRE. Responsable: Federación Galega de Atletismo. 

PROTOCOLO → aquí. PARTE ACCIDENTES → aquí.

 

Non esquezas compartir en...
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
Whatsapp
Share on email
Email
Share on google
Google