Calendario – Tempada 2023/24

 
Nesta páxina atoparás o calendario da actividade da Escola de Atletismo Lucus Caixa Rural Galega cos días de adestramentos, os festivos e os períodos vacacionais ao longo da tempada; segundo o calendario escolar galego para o curso 2023/24. Tamén poderás consultar o calendario coas competicións máis destacadas nas que adoitamos participar en Pista Cuberta (PC) e pista ao Aire Libre (AL), coas datas provisionais nas que teñen lugar. Ao final deste último documento detállase o PROTOCOLO de actuación en caso de ACCIDENTE DEPORTIVO para o voso coñecemento e interese, por favor revisádeo e consultádenos calquera dúbida que poidades ter.
 
NOTA: o calendario de competicións pode sufrir modificacións durante a tempada. Recomendámosche que revises con frecuencia os documentos por se houbera cambios. Se atopas algún erro ou tes dúbidas, podes contactar con nós desde aquí.
 

 
 
 ! Actualizado a 12/11/23 
 
 
INSCRICIÓN DOS/AS ATLETAS
Co obxectivo de animar ao maior número de atletas a participar nas competicións que teñen lugar durante a tempada (entendidas sempre como unha actividade complementaria á planificación anual da Escola de Atletismo, que nos brinda a oportunidade de observar e evolución do traballo diario nos adestramentos e de afianzar o sentimento de equipo), TODOS OS ATLETAS ESTARÁN INSCRITOS POR DEFECTO nas competicións que se recollen no documento anterior. Serán as familias daqueles atletas que NON POIDAN PARTICIPAR as que deben comunicar a súa BAIXA ou RENUNCIA ao correo escolalucus@gmail.com con antelación suficiente para remitila á Federación ou organización. Lembrade que, de non comunicar a baixa en prazo, será responsabilidade de cada un a sanción que indique a organización, en ningún caso do Club.
 
 
Non esquezas compartir en...
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
Whatsapp
Share on email
Email
Share on google
Google